Lugo, 18 de abril de 2016.- A concelleira da Corporación de Quiroga Rosa Arza presentou este luns a súa candidatura á presidencia de Novas Xeracións, cuxo VIII Congreso Extraordinario Provincial terá lugar o vindeiro día 14 de maio en Monforte de Lemos. Arza compareceu acompañada do lucense Pablo Flórez e do focense Roberto Fernández, membros os tres de Novas Xeracións, que ocuparán os postos de vicepresidente e secretario xeral, de resultar elixida a súa proposta.
Rosa Arza explica que da este paso tras ter falado cos militantes e simpatizantes dos 67 municipios que conforman a provincia. “É unha decisión meditada, sendo consciente do compromiso que esta labor require, pero con moitas ganas e ilusión”.
A concelleira agradeceu o apoio que ten recibido da militancia e asegurou que non da o paso soa senón rodeada dun equipo encabezado ademais por Pablo Flórez e Roberto Fernández, “persoas comprometidas con esta organización e que así o levan demostrado durante anos, unha combinación perfecta de xuventude e experiencia”, engade.
A candidata indicou que o resto do equipo irase dando a coñecer nos vindeiros días, aínda que avanzou que xa está perfilado e responderá a un equipo “forte e cohesionado, con representación de todas as comarcas da provincia, tanto rurais como urbanas”.
Entre os obxectivos que guiarán o traballo de NNXX na provincia de Lugo, Arza citou a renovación e revitalización da organización. “Seguir facendo provincia para estar no mellor punto de partido de cara ás próximas eleccións autonómicas”.
Perfiles
Rosa Arza (Quiroga, 1987). É xestora administrativa, militante do Partido Popular e de Novas Xeracións dende hai 10 anos e concelleira de Xuventude e Turismo no Concello de Quiroga dende o 2011. É tamén membro da Executiva Provincial do Partido Popular de Lugo e vicepresidenta Rexional de Novas Xeracións de Galicia.
Pablo Flórez (Lugo, 1988). É estudante de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Ten traballado na Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Entre 2011 e 2013 realizou un proxecto de voluntariado europeo en Vilna (Lituania) traballando para Caritas Europa nun centro para persoas sen fogar. Afiliado a Novas Xeracións desde o ano 2006; na anterior etapa foi membro do Comité de Dirección como Vicesecretario de Novas Tecnoloxías. É tamén membro do Comité Executivo provincial do Partido Popular.
Roberto Fernández (Foz, 1988). Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración; Máster en Xestión Pública. Traballa como asesor no Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo. Afiliado a NNXX desde o ano 2009. É tamén presidente de NNXX de Foz desde 2010. Nesta en última etapa, desde 2013, foi Coordinador de Pesca e Asuntos Marítimos e Coordinador da Comarca de A Mariña.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



