19 de abril de 2016.- O Congreso dos Deputados reiterou este martes a súa vontade de continuar coa política de control e inspección destinada a perseguir a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada INDNR-IUU.
A Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente da Cámara Baixa aprobou unha Proposición non de Lei do Grupo Parlamentario Popular, defendida polo deputado Joaquín García Díez, na que se asegurou que España pasou de ser considerado un país infractor (con dúas sancións pola sobrepesca da xarda de 2009 e 2010) a liderar de maneira indiscutible o control da pesca ilegal a nivel mundial e comunitario.
García Díez lembrou que o Goberno de Mariano Rajoy, cos cambios introducidos en 2014 na Lei de Pesca Marítima do Estado, situouse como un país serio e crible en materia de control de pesca e subliñou tamén que xunto ao reforzo na capacidade sancionadora traballouse en cuestións importantísimas impulsadas pola FAO, como a creación do Rexistro Mundial de Buques de Pesca, promovéronse iniciativas como o observador electrónico e de transparencia na actividade pesqueira internacional, medidas de conservación, participación en foros internacionais de loita contra esta pesca ilegal, e colaborouse con organizacións internacionais como FAO e Ong medioambientalistas, para potenciar a verificación das licenzas privadas a través das nosas Embaixadas ou actuando fronte a nacionais enrolados en buques incluídos en lista de buques que practican a pesca INDNR.
O portavoz popular de Pesca insistiu en que España é hoxe un modelo a seguír na loita contra a pesca INDNR-IUU e contrastou esta situación coa herdada do goberno do PSOE, na que pesaba sobre o noso país unha seria advertencia da Comisión Europea polas graves deficiencias detectadas no sistema español de inspección que podía derivar novas sancións e que, ademais, poderían ter debilitado e restado credibilidade á administración española nun momento crucial no que se estaba negociando en Bruxelas a nova política pesqueira común e a súa dotación orzamentaria para os próximos 10 anos.
García Díez salientou que hoxe a actividade pesqueira no noso país “baséase nun coñecemento científico máis sólido; nunha xestión que asegura o máximo rendemento dos recursos a longo prazo e no cumprimento estrito das normas de control” e apuntou que este cambio na posición de seriedade de España permitiu “mellorar as posibilidades de pesca e de comercialización do noso sector; lograr máis fondos para a nosa frota e a nosa industria, e situarnos á cabeza en materia de cumprimento e control”.
Balance
Entre outras cuestións, o deputado popular subliñou que na área de control traballouse para levar a cabo o seguimento da actividade pesqueira 24 horas ao día, 365 días ao ano, de máis de 2.000 buques españois, en calquera dos mares do mundo. E tamén dos buques estranxeiros, cando pescan en augas baixo xurisdición nacional.
Na área de Inspección Pesqueira, García Díez asegura que se conta con medios humanos, marítimos e aéreos, para cumprir coas obrigas e que se traballa nun clima excelente de cooperación coas inspeccións doutros organismos da Administración Central (principalmente a Armada e a Garda Civil) e as Comunidades Autónomas.
O portavoz popular salientou que na área que se ocupa da loita contra a pesca ilegal, que verifica a legalidade dos produtos da pesca de terceiros países, están a xestionarse máis de 40.000 expedientes ao ano e que España “é hoxe o Estado membro que realiza un maior número de controis e que leva a cabo un maior número de denegacións. Concretamente, máis do 50% das denegacións que se realizan na Unión Europea teñen lugar en España, a pesar de que os envíos ao noso mercado representen só o 20% do total das importacións ao mercado comunitario”.
Na súa minuciosa explicación da situación actual das medidas do Goberno para o control da pesca ilegal, García Díez explicou tamén que, dentro do “Equipo de intelixencia”, encargado de realizar as análises de riscos e de planificar as investigacións que, en cada caso, se requiren, España impulsou operacións tan importantes como Sparrow e Sparrow 2, que supuxeron xa a sanción a 9 empresas e 7 persoas físicas, cun importe global de 17,8 M€ e a inhabilitación para o exercicio da actividade e a prohibición de obter axudas e subvencións por períodos que van dos 5 aos 26 anos. “Estas operacións non teñen precedentes nin pola súa dimensión nin envergadura e marcaron un antes e un despois”, dixo, e remarcou que a seriedade neste traballo motivou que o pasado 16 de marzo o Presidente do Bureau Veritas realizase a entrega da certificación “ISO 9001 – 2015” á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, unha certificación que avala a seguridade e a responsabilidade dos procedementos de control e reforza a credibilidade dos nosos sistemas de seguimento da actividade pesqueira.
Para García Díez, “a loita contra a pesca ilegal é algo irrenunciable”, polo que agradeceu o respaldo unánime do resto de grupos parlamentarios a esta iniciativa.
















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



