Santiago, 19 de abril de 2016.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na tarde deste martes en Bruxelas na xornada Galicia cara ao 2020 cun relatorio sobre o pasado, presente e futuro do sector marítimo-pesqueiro en Galicia. Nesta xornada a titular de Mar subliñou que unha das principais apostas da Consellería do Mar para o futuro do sector pesqueiro é o Plan de acción da pesca costeira artesanal de Galicia, que o seu departamento porá en marcha este ano, e que contempla cinco medidas fundamentais. Unha delas é a de priorizar a esta frota para o acceso aos 158 millóns de euros do Eixe do FEMP de Fomento da Pesca Responsable.
Outra das medidas que explicou a conselleira é un plan de emprego e formación para fomentar a incorporación de mozos e mozas ao eido pesqueiro e marisqueiro que conta cun apoio de 6,3 millóns de euros. A terceira medida é a da promoción das instalacións de produción de semente a través de fondos procedentes do eixe da acuicultura do FEMP. As outras dúas medidas enmárcanse no eido económico, onde o plan propón plans de mellora da comercialización dos produtos do marisqueo atendendo a recursos como o ourizo, o percebe ou a navalla. Tamén busca avanzar na identificación e distinción dos produtos dando un impulso ás marcas de calidade como pescadeRías e ás denominacións de orixe.
Durante a súa intervención na xornada, na que tamén participaron o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, a titular de Mar tamén destacou como aposta a importancia do desenvolvemento de estudos científicos rigorosos na procura do incremento das cotas de pesca para Galicia, un dos piares nos que traballa o departamento que dirixe.
En canto á industria transformadora apelou a seguir coa aposta pola libre competencia nos mercados en igualdade de condicións e coa batalla contra a pesca ilegal, entre outros aspectos.
Por último, a conselleira explicou que outra aposta para o futuro da pesca é o desenvolvemento da estratexia Crecemento Azul ou Blue Growth, establecida a longo prazo pola UE para apoiar o crecemento sustentable dos sectores mariño e marítimo. Para liderar o seu desenvolvemento, a Consellería do Mar apoiou a iniciativa do Porto de Vigo co obxectivo de que sirva de modelo para outros portos. Neste sentido, a conselleira sinalou que a través desta iniciativa búscase diversificar a economía marítima, coordinar os portos para ampliar tráficos e actividades e xerar emprego e riqueza nas zonas costeiras a través dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro.
Avances
Na súa intervención Rosa Quintana tamén explicou a evolución e os avances que experimentou entre 2009 e 2015 o sector pesqueiro galego. No eido da frota de baixura e dentro do aspecto normativo, destacou a regularización de 900 embarcacións que supuxo impedir a súa baixa no censo da frota operativa. No aspecto técnico, Rosa Quintana exemplificou como avance a aposta da Xunta pola rexeneración dos bancos marisqueiros, que levou a acometer, xunto a confrarías e agrupacións, 170 proxectos que permitiron recuperar preto de 8 millóns de metros cadrados.
Outro dos avances que lembrou a conselleira no eido económico dende o 2009 é o incremento do 14% das posibilidades de pesca para as artes menores. Dentro do ámbito social subliñou o aumento dos permisos de explotación, ata dobrar o número de novos permisos entregados cada ano e no eido ambiental fixo fincapé en que entre 2009 e 2015 o saneamento das rías e os labores de rexeneración permitiron unha mellora de 33 zonas de produción, que se corresponden con 885 Km2 de bancos marisqueiros e 607 bateas.
En relación ás cotas de pesca, Rosa Quintana, explicou que dende o 2012 as cotas aumentaron en máis de 80.000 toneladas e o seu valor en máis do 55%. Outros dos avances acadados que mencionou foron a redución á metade da paralización de buques e das baixas no Instituto Social de la Marina e o incremento do 33% da matrícula nas escolas náutico-pesqueiras.


















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



