Lugo, 20 de abril de 2016.- A Deputación esixe ao Goberno de Feijóo, “investigado por homicidio”, que dote á provincia de Lugo do servizo de Hemodinámica as 24 horas, así como que publique os datos de mortalidade por infarto de miocardio aos 30 días, que está a ocultar. Así o avanzou este mércores o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que adiantou que o Grupo Provincial Socialista levará unha moción ao vindeiro Pleno con estas esixencias logo de que 13 Deputados votasen en contra da súa urxencia e, polo tanto, se opuxesen ao seu debate na pasada sesión plenaria.
Santos Ramos subliñou que “non vaia ser que o feito de non publicar esta información sexa para ocultar que o Goberno de Feijóo está, unha vez máis, a privar aos cidadáns dunha sanidade pública e universal por cuestións económicas. Máis aínda cando, nun caso sen precedentes na historia do país, o Goberno de Feijóo está sendo investigado por un presunto caso de homicidio, presuntamente, por negar á cidadanía tratamentos sanitarios fundamentais polos recortes que está a levar a cabo, neste caso, para doentes de Hepatite C”.
“Oxalá todos os problemas fosen unha cornisa”
A preguntas dos xornalistas, tamén o Presidente, Darío Campos Conde, subliñou este mércores que “é lamentable que o Partido Popular se dedique a poñer cortinas de fume, como as diferenzas técnicas ao respecto da sede de Suplusa, para que non se falen dos problemas que, verdadeiramente, preocupan aos cidadáns, como é a sanidade, como é non ter Hemodinámica as 24 horas ou tratamentos de Hepatite C. Os técnicos de Deputación e do Concello de Lugo están a falar co afectado para solucionar isto canto antes. Oxalá todos os problemas dos veciños fosen unha cornisa sobre a que hai diferenzas de opinión entre os técnicos por 10 centímetros, pola súa ubicación. Isto pode resolverse en cuestión de 15 días”.
Negativa de 13 Deputados
O voceiro socialista lembrou que, no Pleno de marzo, 13 Deputados votaron en contra da urxencia da moción do Grupo Provincial Socialista para esixir á Xunta de Galicia a inmediata dotación de Hemodinámica 24 horas e a publicación dos datos de mortalidade por infarto de miocardio aos 30 días. Isto imposbilitou o seu debate.
Santos Ramos destacou que a Xunta publicou un informe “incompleto e sesgado”, no que se alerta de que un lucense afectado por un infarto de miocardio tarde o dobre de tempo en ser atendido que, por exemplo, un cidadán da Coruña. Concretamente, o tempo de espera é de máis de 3 horas, pois a provincia de Lugo non conta cun servizo de Hemodinámica as 24 horas e os doentes teñen que ser trasladados á Coruña.
“E non o ten, porque a Xunta está a incumprir a ILP máis respaldada na historia do Parlamento galego, pois contou co apoio de máis de 41.000 lucenses, para reclamar a dotación de dita prestación no HULA, así como Radioterapia e Medicina Nuclear”.

















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



