Burela, 21 de abril de 2016.- Vaia por diante que CxG apoia as iniciativas de concienciación e de formación en materia de protección da natureza. A celebración en Burela dun concurso fotográfico en conmemoración do “Día da Terra” é acertada e tamén necesaria. Pero neste caso parecenos unha hipocrisía e falta de respecto a actuación do equipo de goberno. O 27 de xaneiro de 2016 CxG pedía públicamente a actuación municipal na retirada dun vehículo de uso municipal que se atopa en estado de abandono e que inherentemente contamina. A día de hoxe non se fixo nada e o vehiculo esta depositado na mesma zona.
Podíamos presentar as fotos a este concurso, pero non nos pareceu axeitado, nin serio. Volvemos, xa que logo, a solicitar do Concello unha actuación en relación a este acumulo de lixo, posto que si fose titular un particular, a administración xa tería actuado.
O día 22 é o DÍA DA TERRA, están programadas dúas boas actividades, dende CxG pedimos que se realice unha máis:
Que o Concello xestione a retirada e o tratamento adecuado a este vehiculo municipal. Que mellor forma que predicar co exemplo.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



