Viveiro, 28 de abril de 2016.- O secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, anunciou na mañá deste xoves en rolda de prensa que presentará a súa candidatura no vindeiro Congreso Comarcal, como aspirante a ser o novo coordinador dos populares da Mariña lucense.
O deputado popular apuntou dous factores claves á hora de dar este paso: a súa experiencia política como aval na defensa dos intereses das veciñas e veciños da Mariña -compromiso que quere afianzar- e, en segundo lugar, o respaldo acadado entre os alcaldes e portavoces da comarca, aos que consultou esta pretensión e dos que recibiu o seu apoio.
Balseiro conta co respaldo dos municipios de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, O Vicedo, Barreiros, Mondoñedo, Riotorto, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Trabada e A Pontenova e tamén de Cervo, onde falará directamente cos seus veciños militantes, por ser o seu lugar de residencia. Tamén suma o apoio do deputado nacional e do outro parlamentario autonómico, e o dos dous deputados provinciais.
Elección directa
Balseiro presentouse como defensor da nova estrutura territorial do PP de Lugo, coa pretensión da revitalizar o papel das comarcas para facer un partido máis pegado ao territorio, máis próximo e participativo e atendo ás necesidades de cada zona.
Salienta ademais, como un aliciente engadido que, por primeira vez na historia, serán os militantes do PP os que escollerán co seu voto directo ao novo coordinador e ao equipo que o acompañe
A Mariña como prioridade
Balseiro quixo dirixirse precisamente á gran familia dos afiliados populares da Mariña para pedirlles un voto de confianza e, para iso, promete unha contribución esixente en defensa da Mariña lucense, tal e como ten defendido ata o de agora no Parlamento galego.
O deputado citou entre outros proxectos impulsados a creación da sala de quimioterapia no Hospital da Costa, a denuncia da discriminación da Deputación do bipartito cando excluíu á Mariña do seu plan de emprego e comprometeuse a que non se esquezan os compromisos pendentes coa sanidade comarcal e as necesarias melloras viarias que quedan por facer.
Balseiro dixo tamén que buscará crear un equipo que ilusione nunha comarca que proceso electoral tras proceso electoral sempre outorgou o seu apoio maioritario ao Partido Popular. E rematou a súa presentación asegurando que quere seguir traballando por mellorar a calidade de vida dos seus veciños, co obxectivo de sumar e seguir a gañar, coa Mariña como prioridade.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



