Bruxelas, 23 Maio 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea (CE) facendo notar as eivas no procedemento de resposta das mesmas por parte tanto da CE como do Consello.
A fórmula das preguntas parlamentares, que permite que as eurodeputadas/os realicen consultas de temática libre, por escrito, directamente dirixidas á Comisión e ao Consello, vén sufrindo restricións nestes últimos anos que merman significativamente a calidade do diálogo entre cidadanía e institucións europeas.
Na anterior lexislatura estas preguntas pasaron de ser válidas sempre e cando ocupasen un único formulario[1] -independentemente do tamaño e fonte- a seren limitadas a un máximo de 25 liñas a Times New Roman 12 e, posteriormente, constreñidas a un máximo de 200 palabras -sempre sen posibilidade de información adxunta-. Ademais, durante a lexislatura actual, restrinxiuse o máximo de 10 preguntas mensuais a unicamente cinco ao mes.
A esta deterioro da fórmula das preguntas parlamentares engádese tamén unha certa tendencia por parte de Comisión e Consello a eludir pronunciarse con claridade sobre as consultas realizadas. A raíz da resposta obtida a unha pregunta relativa ao impacto social e ecolóxico da concesión mineira Isabela II -explotación de recursos mineiros de 46 km2 dos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco (A Coruña)-, na que a Comisión non só elude pronunciarse alegando “non ter coñecemento”, senón que mesmo para esta resposta remite á contestación dunha pregunta sobre o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater en Corcoesto, da que por suposto tampouco tiña “coñecemento”, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa decidimos consultar á Comisión Europea sobre o procedemento en si das preguntas parlamentarias.
Xa que logo, sinalamos na nosa “pregunta sobre as preguntas”, que debido ás reiteradas respostas por parte da Comisión Europea aludindo á imposibilidade de valoración por carecer de información ao respecto da maioría das consultas realizadas, e a prol de aumentar a eficiencia deste mecanismo e minimizar a frustración xerada ao comprobar que Comisión e Consello descoñecen grande número das problemáticas das que a cidadanía está a solicitar a súa avaliación, a eurodeputada galega Lídia Senra solicitou en primeiro termo saber “como é exactamente o procemento a través do cal a Comisión solicita información aos Estados membro ou gobernos como os das Comunidades Auntónomas”.
Afondando no modo en que solicita información aos gobernos intracomunitarios, Senra tamén pediu á Comisión que concrete “cales son os asuntos sobre os que as autoridades estatais e locais deben informar previamente á Comisión”.
Finalmente, a eurodeputada galega remite directamente ao desleixo das institucións europeas no tocante á súa responsabilidade informativa e razoa: cando se rexistra unha pregunta parlamentar, nos casos nos que a Comsión non ten “ningunha información” que indique un posíbel incumprimento das disposicións pertinentes da lexislación da UE, non debería a Comisión en primeiro lugar requirir esas informacións ás autoridades ou axentes informativos pertinentes para precisamente poder respostar á pregunta formulada?”.
As preguntas parlamentares, xunto co rexistro directo de denuncias a través da Comisión de Peticións -como a realizada por exemplo recentemente por SOS Sanidade Pública co apoio de AGEe-, “son dos poucos mecanismos que nos permiten dirixirnos directamente ás institucións europeas”, lembrou Lídia Senra, “cando a Comisión ou o Consello actúan limitando a súa eficacia están incorrendo unha vez máis na merma da calidade democrática dunha UE que, lamentabelmente, cada día afástase máis dos pobos, ao tempo que prioriza a interlocución cos poderes económicos e financieiros e os seus lobbies”.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



