Santiago de Compostela, 24/5/2016-. O Salón de actos da Faculdade de Filosofía da USC, acollerá este 24 de maio o acto de presentación en Galiza do Protocolo internacional para a garantía de dereitos lingüísticos, organizado conxuntamente pola Universidade de Santiago e A Mesa pola Normalización Lingüística.
O protocolo de dereitos lingüísticos é un documento que parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento das que están en situación de desvantaxe. Está promovido por Kontseilua, Donostia 2016, PEN internacional, ELEN, CIEMEN, LinguaPax, UNPO, ECMI.
Este documento será elaborado grazas ás contribucións dos axentes sociais e ás recomendacións dun Comité Científico.
O texto definirá as condicións mínimas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos do conxunto da cidadanía. As conclusións do proceso de elaboración serán presentadas en Donostia no mes de decembro de 2016, no marco da Capitalidade Europea da Cultura.
Pola mañá, ás 10.30, Paul Bilbao, representante de Donostia 12016 e secretario xeral de Kontseilua será recibido polo Reitor da Universidade de Santiago no Pazo de San Xerome, a quen lle presentará as principais liñas do protocolo.
O acto, que se desenvolverá ás 17.30 na Faculdade de Filosofía é aberto, mais están convidadas de xeito especial entidades sociais para que coñezan o proxecto, o seu desenvolvemento e a posibilidade de achegaren as súas aportacións.
Contará coa presenza de Paul Bilbao (Secretario Xeral de Kontseilua- consello de entidades do eúscaro- e representante de Donostia 2016), María do Pilar García Negro (profesora da UdC e membro do comité científico internacional), María do Carme Silva (Vicerreitora da USC) e Marcos Maceira (presidente da Mesa).




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



