Este martes arrancan as actividades da terceira semana do #CulturaAberta da Deputación, unha iniciativa posta en marcha o pasado 5 de xullo coa que o organismo provincial ofrece máis de 30 actividades lúdicas e culturais, completamente gratuítas para os participantes. Hai que lembrar que todas estas actividades celebraranse na explanada do INLUDES, ao carón da Capela de Santa María. Máis información sobre horarios, datas e outras actividades culturais en www.deputacionlugo.gal
Programación
19 xullo ás 21:30 horas.- Cantando a Manuel María
Contando coa testemuña de familiares, amigos e especialistas sobre Manuel María, faise un percorrido polas facetas máis interesantes da súa vida, para coñecer ao home e atopar así as chaves coas que afrontar a súa obra. O documental repara fundamentalmente na paisaxe da súa vida natal, Outeiro de Rei, e tamén no resto da Terra Cha, así como na doutros espazos da súa biografía, como a paisaxe urbana da cidade da Coruña, para buscar tanto unha contemplación introspectiva ou poética, como para imaxinar e sentir os espazos que habitou e defendeu.
20 xullo ás 18:30 horas.- Paco Nogueiras “Brinca Vai!”
“Brinca Vai!” é un espectáculo no que o actor e músico Paco Nogueiras, acompañado dos seus instrumentos e a súa querida máquina, fai unha divertidísima viaxe chea de humor, bailes e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas estacionais e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma dun sorriso.
21 xullo ás 21:00 horas.- Fonxola e Vaia Banda!
Fonxola: é unha banda asturgalaica de swing, twist, fox trop, blues, rock primigenio, cha cha cha, con matices locais como o uso do galego-asturiano nas súas letras, que xurdiu no 2015 en torno a catro pilares: a música do acordeonista Abel Pérez, a voz de Ruth Martín, os arranxos do saxofonista Javier Álvarez e as letras dos poetas Arturo Álvarez, Héctor Acebo, Belén Rico, Quique de Roxíos e Alejandro álvarez. Súmase o guitarrista Michael Lee Wolfe, o contrabaixista David Casillas e o batería Ethan Winogrand. Esta combinación de música e poesía desemboca nun potente directo con espazos á improvisación, o humor e a reivindicación social.
Vaia Banda!: é o espectáculo que Odaiko e Sons e Soños (Banda Rábade-Begonte-Outeiro) presentan conxuntamente para amenizar as cálidas noites estivais, sorprendendo ao público a través dunha proposta musical distinta na que o repertorio tradicional dunha banda de música co estilo innovador dun ensemble de percusión.
22 de xullo ás 21:00 horas.- “Transformando o presente”
Os ilusionistas Martín Camiña e Fani Triana, e o baixista Álvaro Muras, presentan un espectáculo no que se desenvolve a arte da mutación a través do ilusionismo, a música e a actualidade social. Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, cabinas doutro tempo, humor, a participación dos espectadores, un baixo eléctrico…proxectan situacións surrealistas: os sons que percibimos son reais? O que estamos a ver correspóndese co que estamos a escoitar? Maxia e melodías buscan alterar a realidade, nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais. Ilusións fascinantes e pezas sonoras orixinais ao vivo compostas en clave fantástica.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



