O CD Burela FS Pescados Rubén aprobou na súa última asemblea, o 27 de xuño, as cotas dos abonos para a tempada 2016-17, con dereito a presenciar os partidos de Vista Alegre tanto en Primeira LNFS como en Primeira RFEF.
Individual: 85 euros
Familiar: 145 euros
Xubilado: 60 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 30 euros
Abono 17 (de 0 a 17 anos): 10 euros
Días do Club
As visitas en Primeira LNFS de FC Barcelona (5 de novembro, xornada 5), ElPozo Murcia (7 de xaneiro, xornada 14) e Movistar Inter (21 de xaneiro, xornada 17) á Bomboneira volverán ser declaradas días do club, mantendo os prezos tanto para socios (5 euros/adulto e 1 euros/menor de idade) como para non socios (15 euros/adulto e 5 euros/menor de idade)
Non socios
En Primeira LNFS, para as persoas que non dispoñan do abono 2016-17, a entrada custará 10 euros/adulto ou 5 euros/menor de idade. En Primeira RFEF, o prezo será de 5 euros/adulto.
Horario de Primeira LNFS
Outro dos temas abordados na asemblea de xuño foi a proposta duns dos socios para trasladar os partidos de Primeira LNFS en Vista Alegre á noite dos venres, que obtivo 18 votos a favor e 7 en contra. O cambio definitivo do horario habitual, marcado ata o momento para as 18.30 horas dos sábados, será tratado nunha asemblea extraordinaria en próximas datas.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
