Lugo, 26 de xullo de 2016.- O Grupo Provincial do PP presentou unha emenda á moción do PSOE para promover a lingua de signos a través da que conseguen que a Deputación avance na inclusión desta lingua na institución. Así, estudarán a presenza dun Intérprete da Lingua de Signos nos plenos, así como a rúbrica dun acordo para o apoio ás entidades de persoas Xordas que veña a fortalecer un servizo de Intérpretes de Lingua de Signos efectivo en toda a provincia.
Ademais, os populares conseguiron o apoio para que a Xunta siga a traballar, en colaboración coa FAXPG, para a promoción e coñecemento da Lingua de Signos Española no ensino e a formación do profesorado nesta materia.
A deputada Mari Teijeiro indicou que “a lingua de signos xa está inserida dentro do sistema educativo galego. Coincido na importancia de avanzar no coñecemento da lingua de signos pero non podo compartir parte do seu discurso porque os argumentos non son de todo certos”, explicou.
Teijeiro precisou que “para facer esta proposta teríanse que informar e poñer en contacto coas asociacións de persoas xordas pois hoxe en día os centros educativos xa teñen autonomía para configurar a oferta de formación para toda a comunidade educativa en lingua de signos, así como para facelo dun xeito regrado mediante materias de libre configuración”. E engadiu que “a Xunta de Galicia está a traballar en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para garantir o acceso de toda a comunidade educativa á lingua de signos”.
Convenio coa Asociación
Grazas á emenda do PP a Deputación Provincial tamén promoverá un convenio de colaboración coas Asociacións de Persoas Xordas de Lugo e a FAXPG que garanta a cobertura das necesidades de acceso á comunicación e á información das persoas xordas da provincia promovendo os recursos necesarios para un servizo de Intérprete de Lingua de Signos.
Tamén instan ao organismo provincial a favorecer a realización de cursos de formación en lingua de signos e coñecemento da comunidade xorda na provincia, na que hai case 2.500 persoas con discapacidade auditiva.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



