A Mariña, 27 de agosto de 2016. A cabeza de lista ao Parlamento Galego pola circunscrición de Lugo, Olalla Rodil, acompañada por outras persoas da candidatura e cadros dirixentes do BNG comarcal e local, acudiron a Viveiro para escoitar de primeira man de veciñas de Covas as demandas da Plataforma “Salvemos a Praia de Covas” e darlles apoio. Celebraron os recentes movementos de Costas cara lograr unha solución ao deterioro medioambiental desta praia motivados pola mobilización promovida por esta plataforma, demostrando unha vez mais que a acción social é importante ante a pasividade das administracións.
Olalla Rodil, Montse Porteiro, Xosé Manuel Peña, Roberto Bouza, Andrea Martíns e Seve Salgueiro, integrantes da candidatura do BNG – NÓS ao Parlamento Galego apoiaron á plataforma “Salvemos a Praia de Covas” reuníndose con parte dos seus integrantes na propia praia, para recoller información directa sobre o tema e ofrecérense a colaborar na medida das posibilidades co fin de lograr unha solución definitiva ao deterioro da mesma que ademais ameaza con afectar de xeito grave zonas habitadas do entorno. A candidata nacionalista concretou que para evitar problemáticas como a que estamos vendo aquí é fundamental lograr a transferencia das competencias estatais de Costas a Galiza, algo que o BNG leva tempo reclamando e así o demandará nesta nova lexislatura.
A formación nacionalista deu os parabéns á plataforma, e animou aos colectivos sociais e persoas que a conforman a seguir traballando polo ben medioambiental e social xa que deles depende o éxito desta iniciativa, á vista do desinterese administrativo destes gobernantes que só se moven cando existe quen os empuxe desde a propia sociedade organizada.
A candidatura de BNG – NÓS pola circunscrición electoral de Lugo, encabezada por Olalla Rodil, traballa coa vista posta en apartar ao Partido Popular do goberno galego como única fórmula para recuperar cuestións tan básicas como contar cuns servizos públicos de calidade, aproveitar os recursos produtivos e poñelos ao servizo da xeración de emprego e o benestar social. Un goberno que só aparece en época electoral para vender o que van facer no futuro demostra que non fixo nada e non é merecente de manterse no poder, afirmou Olalla Rodil.
As candidatas e candidatos nacionalistas aproveitaron para reiterar a necesidade de que a comarca conte con infraestruturas do século XXI, tanto por estrada como por ferrocarril. A falta dun trazado e obras da variante de Viveiro é un castigo aplicado polo PP como vinganza por non gobernar o concello un sr. que agora disque anda de paseo por Bulgaria, e ás veces ven por aquí perder xuízos por denuncias que el mesmo presentou.
A formación nacionalista concretou, no caso das infraestruturas de comunicación, que o servizo que FEVE presta na Mariña require un xiro de 90 graos para servir realmente aos intereses da poboación. Poñen como exemplo o sucedido con esta empresa estatal en Euskadi que unha vez transferido á comunidade converteuse nun servizo ferroviario rápido e fundamental para articular moitas poboacións do norte euscaldún. As candidatas e candidatos do BNG – NÓS lembraron que os escasos avances que houbo nos últimos anos con srvizo de FEVE na comarca foron grazas ao traballo do BNG en diferentes campos – Congreso, parlamento galego e concellos, mais tamén coa presión social – como exemplo poñen o apeadeiro logrado en Viveiro fai uns anos. É hora de seguir loitando polo tren como servizo fundamental para mover persoas e mercadorías, por isto apoiaron a plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol – Ribadeo que ven denunciando o deterioro desta vía desde fai meses.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



