Lugo 29-8-16. A Deputación abriu o prazo de solicitude das subvencións de concorrencia competitiva para entidades e clubs deportivos da provincia, dotadas con 500.000 euros. Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que subliñou que “para concorrer a estas axudas, destinadas a financiar actividades federadas, eventos deportivos puntuais ou citas con carácter permanente; habilitamos na páxina www.deputacionlugo.gal un espazo no que se atopa toda a información sobre estas axudas; así como a documentación que se debe presentar para optar a elas”. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 7 de setembro, inclusive.
Cómpre salientar que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer ás entidades e clubs deportivos da provincia que finalmente resulten beneficiados un anticipo da axuda do 80%.
Criterios sociais
Como novidade, incluíronse por vez primeira, criterios sociais nas bases destas subvencións, como medidas en impulso á igualdade e á integración; ou en recoñecemento ao esforzo competitivo dos clubs. Ademais, valorarase positivamente, aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos de menos de 2.000 habitantes, especialmente do rural.
Puntuarán tamén os resultados ou ascensos deportivos. Outra das novidades desta programación é que aumentamos o importe mínimo da subvención aos 700 euros, pois antes eran 300. O máximo por axuda é de 4.000 euros.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



