O Grupo Municipal SON VIVEIRO vén de rexistrar uns rogos para seren incluídos na orde do día do vindeiro Pleno do mes de setembro no
Concello de Viveiro.
1o Sobre os campamentos municipais de verán; foron varios os veciños e veciñas que nos comentaron que as solicitudes presentadas nos campamentos de verán organizados por este Concello sobrepasaron amplamente a capacidade de prazas dispoñibles, o cal provocou que varias nenas e nenos do noso municipio se viran privados do acceso aos mesmos.
Tendo en conta que a creación de tales campamentos veu motivada en boa medida para permitir a conciliación da vida familiar no período de vacacións escolares, dirixímonos ao Grupo de Goberno para que:
– No caso de que nalgún dos vindeiros anos volva a acontecer algo similar e co obxectivo de que poida gozar deste servizo o maior número de nenas e nenos e reducir o custo económico do mesmo de xeito máis homoxéneo, o uso dos campamentos municipais de verán sexa rotativo por quincenas.
– A adxudicación das prazas teña en conta o estado laboral dos pais, nais ou representantes legais dos nenos e nenas que as soliciten.
– Se lle dea prioridade na ocupación das prazas dispoñibles ás nenas e nenos censados no noso Concello.
2o Sobre o uso dos espazos públicos por arte dos cans; o pasado 17 de febreiro do 2015, o Concelleiro de Seguridade Cidadá do noso municipio alertou á prensa da existencia de numerosas queixas da veciñanza derivadas da presenza constante de animais sen correa en zonas públicas, feito que provocaba situacións de risco para as e os viandantes, o cal motivou que, tras unha reunión coa Policía Local, se manifestase a súa intención de poñer en marcha unha campaña de concienciación cidadá para que fosen respectadas as normas recollidas no artigo 15 da “Ordenanza de buen gobierno” deste Concello.
Ao mesmo tempo, comentou a necesidade de colocación de placas de prohibición de cans soltos en distintas zonas de xogos infantís, parques públicos e paseos do municipio, e lembrou a obriga de recoller os excrementos dos cans por parte da persoa que os acompañe.
Debido a que, ata a data, boa parte das medidas propostas en dita publicación xornalística non foron levadas a cabo e as queixas no mesmo sentido por parte das veciñas e veciños persisten, dirixímonos ao Concello para que:
– Se efectúe unha axeitada sinalización da prohibición de presenza de cans nas zonas de xogos infantís, parques públicos, praias e paseos marítimos e fluviais do Concello.
– Se inicie unha compaña de concienciación acerca do cumprimento da normativa municipal que, no seu artigo 15, regula a recollida de excrementos caninos.
– Se cree un equipo de traballo para a redacción e posta en funcionamento dunha nova ordenanza que regule o uso conxunto e a convivencia cívica entre cidadás/cidadáns e cánidos.
– Se habilite unha zona do municipio para uso e recreo de cans.
Con estas accións, SON VIVEIRO continúa traballando a prol dun aumento da conciencia cívica entre a veciñanza da nosa vila.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



