O Director Xeral de Ordenación Pesqueira do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Carlos Larrañaga, foi o encargado de poñer punto e final a unha exitosa segunda edición da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste. O encontro, organizado pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e celebrado en Burela os pasados días 12 e 13 de setembro, reuniu a delegados das oito agrupacións de depósitos do caladoiro Cantábrico-Noroeste e a representantes tanto da administración central como dos gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, para tratar temas do interese da frota artesanal.
Larrañaga pechou o congreso cunha intervención na que expuxo o Programa Operativo de España 2014-2020. O representante do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente explicou as prioridades de financiamento que establece o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP): o fomento da pesca e acuicultura sustentables e competitivas; a aplicación da Política Pesqueira Común (PPC); o aumento do desenvolvemento e a cohesión territorial; promover a comercialización e a transformación; e implementar a Política Marítima Integrada (PMI).
O Director Xeral de Ordenación Pesqueira resaltou que o regulamento ten como fin “impulsar unha serie de medidas de acompañamento e de apoio financeiro para conseguir os obxectivos que persegue a PPC”. O representante do Goberno central precisou que España recibirá 1.161 millóns de euros do FEMP para o período 2014-2020, co fin de asegurar “a sustentabilidade ambiental, económica e social” do sector pesqueiro.
Larrañaga valorou a Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste como un evento “útil, que nos serve para coñecer de primeira man os problemas e as dúbidas que poida ter a frota artesanal”. Así, animou a convocar reunións deste tipo cunha maior frecuencia. “É un exemplo do que temos que facer”, asegurou, “profundar no diálogo entre as administracións e o sector”.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, destacou no acto de clausura a importancia da pesca na economía do municipio burelense e avogou por un sector que sexa capaz de “manter o atractivo entre a xente nova”, como forma de asegurar a necesaria substitución xeracional.
Pola súa banda, o Presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, agradeceu aos asistentes a súa presenza e fixo fincapé na importancia da novidade da presente edición: a xornada conxunta de traballo que reuniu a representantes do sector e os representantes das administracións; o Director Xeral de Ordenación Pesqueira do MAGRAMA e os Directores de Pesca das comunidades autónomas do caladoiro Cantábrico-Noroeste. “Consideramos positivo non só poñer en común os nosos problemas e inquietudes, senón tamén presentarllos aos representantes das administracións. Puidemos mirarnos aos ollos e puideron comprobar a nosa cara de preocupación”, sinalou.
ENCONTRO ENTRE A ADMINISTRACIÓN E As CONFRARÍAS DE PESCADORES DO CANTÁBRICO NOROESTE
Durante a reunión Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, celebrada o luns, os representantes dos depósitos acordaron unha serie de temas que serviron como documento de traballo na reunión que este martes pola mañá mantivo o sector pesqueiro artesanal coa Administración.
A esta reunión de traballo conxunta entre representantes dos depósitos e das administracións pesqueiras asistiron os Directores de Pesca das catro autonomías convocadas: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco; así como o Director Xeral de Ordenación Pesqueira de SEGEPESCA, Carlos Larrañaga, que posteriormente sería o encargado de clausurar a Segunda Interfederativa de Confrarías do Cantábrico-Noroeste.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



