Madrid, 14 de setembro de 2016. O deputado de En Marea por Lugo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha proposición na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a suspender definitivamente a concesión para o proxecto de Hotel con dúas habitacións no faro da Illa Pancha en Ribadeo.
Un proxecto de “limitado uso hoteleiro, no que se observan unha serie de incumprimentos na tarmitación do Expediente, así como a falla de análise sobre as repercusións dunha actuación así no ecosistema da Illa, pertencente á Rede Natura 200”, salienta Miguel Anxo Fernán Vello.
O parlamentar de En Marea explica na súa iniciativa que en maio de 2015 o Consello de Ministros autorizaba o uso hoteleiro do Faro da Illa Pancha á entrada da Ría de Ribadeo. Un acordo que enmarcou na iniciativa do Ministerio denominada “Faros de España” co propósito de impulsar actividades nestas antigas instalacións. “Nada temos que obxetar ao feito de que se preserve e se incentive o uso do patrimonio marítimo con fins turísticos, sempre e cando conflúan os factores adecuados para tal fin. É dicer, se respeten zonas medioambientais de grande valor natural, non se fagan actuacións agresivas nin que agredan o equilibrio do ecosistema”.
Opacidade e ocultación de información
Máis, recalca, no caso concreto da Illa Pancha, “temos que amosar o noso desacordo co proxecto por diversas razón. Opoñémonos ao proxecto que foi sometido a tramitación pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao”. Explica Miguel Anxo Fernán Vello que na información proporcionada polo Ministerio indícase que o proxecto limítase ao espazo en réxime de concesión, pero resulta que logo se inclúe unha cafetaría cuberta, unha carpa de material transparente, aparcadoiro, sinalización ou fosas sépticas. Elementos invasivos que se coñeceron posteriormente”.
Denuncia o deputado de En Marea “o oscurantismo e a ocultación de información. A posteriori incluíronse unha serie de elementos que non foron avaliados previamente e que poden causar impacto no entorno”. Pón de manifesto que unha das grandes carencias do proxecto é a falla de análise en relación ás repercusións desta actuación no entorno da Illa. Hai que ter presente que forma parte da Rede Natura desde 1992. Ademáis a Ría de Ribadeo está incluida no rexistro de Zonas de Especial Proteción de Aves e no Convenio Internacional RAMSAR”.
Critica que a empresa separase o Expediente inicial en dous novos e diferentes, “intentando así camuflar os impactos ambientais mediante a división do proxecto en dous”. Miguel Anxo Fernán Vello afirma que “nos preocupa enormemente a opacidade que existe neste disparatado proxecto, ademais de que é un proxecto absolutamente prescindíbel e que carece de sentido. O seu uso hoteleiro é moi limitado, diríamos que irrisorio porque só contaría con dúas habitacións”.
PROPOSICIÓN NON DE LEI: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/PROPOSICIÓN_ILLA_PANCHA.pdf.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



