Nota de Prensa
Basanta advirte que a memoria económica do Plan non é realista
Os veciños de Foz terán que aportar 16.136.016,46 euros para executar o PXOM
Foz, 20 de novembro de 2009.- O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar dos servizos de intervención do Concello de Foz a elaboración dun informe económico sobre a viabilidade económica do Plan Xeral a fin de determinar se as previsións de ingresos que nel aparecen se corresponden coa capacidade recaudatoria do Concello.
Basanta quixo lembrar que segundo se recolle na memoria económica do Plan e tamén no seu Informe de Substentabilidade Ambiental, actualmente en fase de exposición pública, a execución do mesmo significaría un investimento de 49.052.478,97 Euros dos que 22.630.821,89 euros se corresponden con aportacións de particulares e das arcas municipais e o restante con aportacións de outras administracións sen existir ningún compromiso de investimento por parte das mesmas.
O portavoz Nacionalista afirmou que “hai que ter en conta que dos 22.630.821,89 Euros corresponderíalle a aportación dos particulares 16.136.016,46 Euros, unha cantidade a todas luces excesiva se temos en conta que para traballos de urbanización en Solo Urbano non Consolidado e Solo de Núcleo Rural o Plan destine preto de 16.000.000 millóns de Euros. Isto é consecuencia que as promocións que se executaron nos últimos 20 anos e principalmente ao longo do ano 2006 non viñeron acompañados da asunción das cargas necesarias para poder levar adiante o proceso urbanizador”.
Xan Carlos G. Basanta afirmou que en “ningún caso é admisíbel cargarlle os custes deste proceso as arcas municipais ou ao conxunto dos veciños que por unha ou outras razóns estiveron á marxe e non puideron participar dos beneficios do desenvolvemento urbanístico”.
Asemade, o Portavoz do BNG, considerou que as cifras que se recollen tanto na ISA como na Memoria Económica do PXOM non son realistas posto que se está a falar de que os ingresos municipais van aumentar nun arredor dun 3,20% anual no periodo 2007-2014 fronte un aumento do gasto do 2,5%, ao que se sumaría unha inflación do 2,5% o que permitiría aumentar un crecemento anual acumulativo do Orzamento do 4,50% e xa que logo xerar un aforro neto no período neto 10.108,65 millóns de euros . “A propia realidade do exercicio do 2007 e 2008, e de xeito particular a liquidación anual e as liquidacións trimestrais destes exercicios, votan por terra as previsións que se recollen tanto no ISA como no PXOM, o que obriga necesariamente a modificar estas cantidades. Está claro que o Concello non pode facer fronte as obrigas que se fixan para el nestes documentos polo que é necesario revisar as cantidades fixadas.”,afirmou Basanta quen continuou dicindo “noutro caso sería bo que o grupo de goberno nos dixese de onde pensa sacar o diñeiro que lle toca aportar” .
Na mesma liña os nacionalistas, denunciamos que o grupo de goberno pretende agochar esta información aos veciños e está a operar en relación co ISA co mesmo ocultismo que mantiveron no proceso de aprobación inicial do PXOM e na súa fase de alegacións. “Neste sentido, non deixa de ser curioso que teña que ser o BNG quen está informando aos veciños sobre a ISA “ afirmou Basanta, quen anunciou que a mesma pode consultarse na paxina web do BNG de Foz (www.bng-galiza.org/foz) ou nas asembleas informativas que están a realizar polos diferentes núcleos do Concello. O Portavoz nacionalista que se mostrou moi satisfeito coa resposta dos veciños nas charlas celebradas ata agora lembrou que as próximas asembleas celebraranse o Martes 24 ás 20:30 en Cangas e Cordido e o Mércores 25 á mesma hora en Foz.
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



