Fai uns días, no último pleno celebrado no concello de Viveiro, o grupo Popular presentábamos unha moción para a creación dun vivero de empresas nunha parte do edificio que no seu momento albergou o centro de desenvolvemento comarcal da Mariña Occidental. O vivero de empresas ten como finalidade contribuir a creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial, o que sin dúbida contribue a creación de riqueza e emprego. Dita moción non prosperou pola negativa do PSOE, dos ex do BNG – agora non adscritos ou en Marea – e Son Viveiro, os que coa disculpa de que o lugar non era axeitado pretendían modificar a nosa proposta creando unha comisión para buscar outro lugar, cando saben perfectamente que agora mesmo en Viveiro non hai ningún outro sitio que reuna as condicións necesarias, namentres que no edificio comarcal só se precisarían pequenos retoques cunha inversión mínima para por en marcha de xeito inmediato esta interesante iniciativa que o noso grupo levaba no seu programa municipal de maio 2015.
Dada a experiencia que acreditan estes señores que nos gobernan para crear comisións, levámos máis de dous anos esperando para que se cree unha comisión de seguridade vial – tal e como se aprobou por unanimidade e a proposta nosa nun pleno de outubro de 2014 – ou máis de tres anos para a creación dunha comisión para darlle unha rúa ó poeta Carlos Oroza, non podíamos modificar a nosa proposta inicial, dado que era e é urxente favorecer medidas que impulsen o emprego, e máxime despois de coñecer os datos do paro de setembro onde Viveiro, desgraciadamente, ocupa o 1º posto da Mariña no número de desempregados cun total de 1047 persoas que non teñen traballo.
Esperar a que estos señores constituisen a citada comisión suporía, probablemente e vistos os antecedentes, pasar todo o mandato sin abordar esta importante iniciativa que favorecería a creación de emprego.
O certo é que o grupo popular levábamos esta moción ó pleno convencidos de que todos os grupos apostarían sen dúbida por favorecer a mellor política social que hai, que non é outra que a creación de emprego. Lamentablemente non foi asi e hoxe os emprendedores de Viveiro non disponen dunha ferramenta que seguramente lles tivera sido moi útil para iniciar os seus proxectos empresariais.
En Viveiro a 7 de outubro de 2016
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



