Un total de 247.770 persoas accederon entre os meses de xullo, agosto e setembro ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, deu a coñecer os datos do balance de visitantes á praia das Catedrais, que neste ano incrementáronse nun 25% respecto dos datos rexistrados no mesmo período de 2015.
O reparto por meses é o seguinte: 81.903 foron en xullo, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro; o que tamén se traduce en que se completou o aforo nun total de 29 días, tres no mes de xullo e 26 no mes de agosto; fronte aos cinco días rexistrados en 2015.
2015 2016
Xullo: 57.844 81.903
Agosto: 107.370 116.885
Setembro: 32.587 48.982
Total: 197.801 247.770
Tal e como explicou a directora xeral de Conservación, analizando aos datos de visitantes segundo a procedencia obsérvase que a maioría veñen doutras Comunidades Autónomas, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia; tendo en conta a información que facilitan ao solicitar a súa autorización a través da páxina web. Tamén indicou que o número de visitantes estranxeiros incrementouse ata case os 8 puntos no computo global con respecto ao ano 2015, cando se rexistraron 7.184 fronte aos 18.356 desde ano, é dicir, duplicouse o número visitantes estranxeiros.
Visitas guiadas
A directora xeral de Conservación recordou que este verán, ao igual que en 2015, se mantivo a actividade de visitas guiadas gratuítas polo monumento natural. Estas visitas están guiadas por persoas tituladas e no transcurso das cales se facilita información e se divulgan os valores ambientais do espazo natural.
Estas visitas organizábanse en dous grupos de 25 persoas cada un, cunha duración aproximada de media hora, durante a baixamar diúrna, aproximadamente dúas horas antes e dúas horas despois do momento da baixamar.
En total, 15.644 persoas participaron nas visitas guiadas, sendo o mes de agosto o período no que se rexistrou un maior número de de visitas.
Á vista dos datos rexistrados na tempada de 2016, pódese reafirmar- sinalou a directora xeral- que o sistema de regulación de accesos posto en marcha o 1 de xullo, responde o obxectivo de conservar o espazo protexido ordenando o acceso, dado o importante impacto que estaba a supoñer unha afluencia masiva de visitantes de forma desordenada e moi concentrada no tempo.
Cómpre lembrar que o sistema de acceso previsto consiste simplemente na obtención dunha autorización gratuíta, que pode descargarse a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es, e que ademais lle dá cumprida información do horario das mareas para cada día (recoméndase visitar o monumento desde dúas horas antes da marea baixa e ata dúas horas despois), como o número de autorizacións dispoñibles para cada día.
O sistema de regulación de acceso coa cota límite de 4.812 visitantes remata o 30 de setembro.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



