LUGO .- EXPOMANGA, a pioneira mostra que a Capela de Santa María acolleu durante a fin de semana, recibíu a visita de 600 persoas. Deste xeito, a exposición sobre este estilo gráfico e a cultura xaponesa que organizou o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente da Deputación, foi todo un éxito.
Preto do 80% dos visitantes foron mozos cuxas idades oscilan entre os 14 e 34 anos, e un 20% persoas de entre 35 e 49 anos. EXPOMANGA é a primeira mostra deste contido que se celebrou en Galicia, unha iniciativa do organismo provincial en apoio aos debuxantes galegos, e o arte gráfico en xeral que, xunto co Salón do Cómic da Coruña, son os únicos proxectos sobre esta materia que se celebran na Comunidade.
A mostra reuníu obras do artista Sebastián González Ibarra, e todo tipo de material relacionado co mundo do manga, da animación e do cómic, de Tótem, a única tenda na provincia lucense especializada no manga.
O debuxante Sebastián González Ibarra expuxo preto de 20 pinturas, algunhas delas propias, e outras inspiradas en recoñecidas series, películas e cómics. Pola súa banda, Manuel Veiga, propietario de Tótem, amosou cómics, “animes” (debuxos de animación), “Art books” importados dende Xapón (recopilatorio de imaxes manga), figuras de coñecidos héroes, e incluso “cosplays” (traxes de personaxes manga).
Obradoiros de Cestaría
Este luns, dende ás 16:00 horas e ata ás 20:00 horas, o CENTRAD organiza un novo curso de cestaría no centro do Paseo Rato. Trátase da xornada “Cestaría de vimbio-técnicas de lazo”, que se desenvolverá ata o vindeiro 26 de novembro, e na que os participantes fabricarán distintas pezas segundo a técnica de lazos.
Da mesma forma, esta pasada fin de semana, tivo lugar a segunda parte do curso “Cestaría castelá de palla-Bolso”, unha xornada na que os alumnos remataron complexas e laboriosas pezas empregando a técnica castelá nomeada “punto de palla”.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



