O C.D. EGOVARROS-VIVEIRO organiza un ano máis a Carreira Popular Concello de Viveiro Memorial “Julián Bernal” que chega á décimo oitava edición o vindeiro sábado 26 e domingo 27 de novembro.
Este ano a proba estará dedicada ao atleta Jose V. Rioseco e celebrará o sábado as probas das categorías menores a partir das 16.00 horas e o domingo a carreira absoluta a partir das 11.30 horas dende o pavillón municipal.
E, igual que en anos anteriores, será solidaria co Banco de Alimentos. Así os participantes deberán achegar alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal ou xoguetes no momento de recoller os dorsais.
O percorrido será de entre 100 e 2.900 metros para as categorías menores ata cadete feminino. Os cadetes masculinos, xúnior, sénior e veteranos deberán completar dúas voltas ao circuíto ata rematar un percorrido de 12.500 metros.
O sábado 26 haberá medalla para todos os rapaces e rapazas participantes e trofeos para os tres primeiros de cada categoría. E o domingo 27 tamén trofeos para os tres primeiros de cada categoría e camisetas para os que rematen a proba. Tamén se servirán petiscos.
Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse ata o 25 de novembro a través do teléfono 982 598 160 ou do enderezo electrónico egovarros@gmail.com.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
