A filosofía laranxa triunfou este sábado en Vista Alegre, con traballo, loita e orgullo para reencontrarse cos tres puntos rompendo a imbatibilidade do Ourense Envialia FSF (1-0). Tras unha semana difícil con escaseza de efectivos, as pupilas de Lucas e Xullo Delgado, centradas en defensa e coa referencia de pivote, souberon manter a exigua renda cultivada na recta final do primeiro período.
Nos primeiros compases, de toma de contacto, ambas as escuadras dispuxeron de chegadas con perigo, primeiro Bea Seijas con Lara salvando baixo paus no minuto 3 e, máis tarde, no 4, Shio rozando o traveseiro nun rexeite. A presión ourensá obrigou ás da Mariña a aplicarse a fondo en defensa, con gran traballo de Jozi. No 8 tivo Cilene unha magnífica ocasión a balón parado tras falta de Chiqui sobre Elvira, pero foise desviado. As burelistas tiveron o seu mellor arma á contra; o brillo goleador de Dany non puido culminar unha acción iniciada por Shio, en pista laranxa, a pase cruzado de Judith a piques de chegar ao ecuador. De novo chegou a quenda da meta brasileira, no 14, que mantivo no electrónico sen moverse ante a artillería de de Chiqui de lonxe, que tentou rematar Marta, por partida dobre. O perigo das laranxas sobre a rede visitante intensificouse no último minuto. Tentouno Judith, con dobre tentativa desbaratada por Vane, que tan só 7 segundos despois sacou un pé prodixioso ante Dany, desde saque de banda. Á terceira foi a vencida, nas zapatillas de Lara, que atopou o merecido gol nun pase de Dany desde saque de esquina de Judith.
Volveu o esférico a rodar na Bomboneira con máis equilibrio e con alternancia de protagonismo baixo os paus; no primeiro minuto Jozi despexou un saque de esquina máis que perigoso e pouco despois Vane fixo o propio fronte a Dany. A porteira laranxa converteuse no pesadelo para as de Ourense; tras unha gran galopada de Cilene, á que non puido chegar Judith, Jozi soubo custodiar a rede local no 29, fronte a Marta e en colaboración con Bea Mateos; pouco despois volveu tirar de oficio en tentativa de Antía en xogada de estratexia. A falta de pouco máis de catro minutos para a bucina final, as pupilas de Chipi foron a por a remontada con Andrea Carid como porteira xogadora, ante a correctísima defensa mariñá.
Ficha técnica
Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Lara, Bea Mateos, Judith, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Cilene, Silvia, Sofía, Elvira, Paula
Ourense Envialia FSF: Vane, Bea Seijas, Marta, Sara Moreno, Andrea Carid, cinco inicial; tamén xogaron Lucía, Chiqui, Antía
Goles: 1-0, minuto 19, Lara
Árbitros: Amor Vizoso // Salinas García (Ferrol). Por Ourense amarela Chiqui (minuto 8), Andrea Carid (minuto 35)
Incidencias: Partido da novena xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 500 persoas.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
