O diccionario da R.A.E.define “apelido” como o nome de familia co que se distingue ás persoas. A función do apelido é a de servir de complemento ó nome de pía para evitar confusións. Acaso un dos recursos mais antigos fora o uso dalgún apodo ou mote, ademais do nome de nacemento. A fixación dos apelidos comeza coa difusión do uso de documentación legal e notarial a partir da idade Media. Entre as diversas orixes que pode atribuirse a un apelido está o toponímico; é decir aquel que se fixa en función da procedencia do individuo. É ésta unha modalidade que ven de moi antigo, pois arredor de medio milenio antes de Cristo poden citarse, por exemplo, a Tales de Mileto ou Pitágoras de Samos, ambos nativos dos devanditos lugares, no mar Exeo..
Foi no ano 1991. Un programa moi exitoso de TVE, “Tribunal Popular”, escenificaba o xuizo a unha causa de actualidade. A mesma contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xavier Foz, xuiz , así como un xurado popular formado por un número determinado de persoas.
Nunca soubemos por qué, fumos convidado a participar nun deles, para o que viaxamos a San Cugat del Vallés (Barcelona) dende onde se emitía o programa. Confesamos que o verdadeiro interese noso, dende que recibimos a invitación, era a posibilidade de coñecer polo miúdo a historia do apelido homónimo da nosa vila ,así como a esperanza de que, por ese coñecemento, descubríramos algún tipo de relación co noso pobo, por insignificante e afastado no tempo que estivera. Pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita, nen a utópica ilusión consumada, pois o señor Foz- o xuiz- só coñecìa, e non moito, do referido á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando e así o fixemos ata onde nos foi posible chegar.Non é moito o que logramos saber: só que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate. Sen dúbida, a través dos Pirineos chegarían algúns “Foz” á península, dos que entón localizamos l35 persoas en diversas zonas do estado; nengunha no noroeste. Nunca mais soubemos daquela estirpe dos “Foz”…..
Suso Fernández



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



