Din que nesta vida todo ten un lado bo, pero teñen que perdoarme, si firo algunha sensibilidade, porque nas Relixións só vexo o negro desta vida, e digo negro sin ninguna raigaña racial.
Un negocio moi rentable, que leva (polos séculos dos séculos…amen) SOMETENDO ás boas persoas e SERVINDO aos poderosos.
Unha ponzoña que está tan dentro do ser humano que forma parte do mismisimo ADN de cada un de nós, por moito que intentemos resistirnos.
E como non ía ser así, si xa “Nacemos” co ditoso PECADO ORIXINAL (que mal puido cometer, un ser puro,que chega ao mundo, fundido da semente de quen mais AMOR poden darlle toda a vida, os seus propios pais). Pois non, ten que pasar polas “Augas purificadoras do Bautismo” e así xa, formar parte do Club.
Despois chega a comuñón, a confirmación, o matrimonio…. e ata para morrer tes que “pedir permiso” si es o morto e “dar grazas por TOMAR TERRA” así e a familia.
A relixion, todas as relixions monoteístas, Cristians, Mahometans e Xudeos o mpregnan todo o largo da vida . O colexio, As institucións, O código civil, A constitución… Pero si ata para gañar un trofeo deportivo teñen que ir RENDER CONTAS” ao santo de quenda, e si conséguese, aí está á espera de que lles deamos as grazas.
A linguaxe esta construído con frases e palabras que nos levan “ao curro”, polo bo camiño. E que é a Relixión non e mais que o FOCO FUNDAMENTAL QUE PROVOCOU GUERRAS E ODIO ao longo da historia. Que só sirveo aos mesmos que hoxe nos teñen sometidos baixo o xugo do poder e o diñeiro.
E non nos deixemos enganar… TODAS As ORGANIZACIÓNS DE CARIDADE PAGÁMOLAS SOAMENTE NÓS os de sempre, e aínda que estean baixo a tutela de ordes relixiosas”, son infinidade de voluntarios quen as sustentan co seu traballo desinteresado.
A relixión é o maior dos inventos para ternos “atontados” esperando un mundo mellor, (Xa que nesta vida hai tanta MISERIA E INXUSTIZA que resultaría INSOPORTABLE recoñecer que logo dela non teremos o noso premio) e ao mesmo tempo diríxennos como a un rebaño (segundo as súas palabras) pero non de cordeiros, DE BORREGOS.
Non quero aburrirvos, outro día mais…. E A TODAS AA PERSOAS BOAS…. Que saiban que o merito é ÚNICAMENTE DELES E DE NINGUÉN MAIS.
Otero Regal.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



