Ribadeo 10-1-17.O domingo, un xornal daba a nova de que a illa Pancha foi ‘desaloxada’ de xente polo
concesionario. Precisamente o día de reis, con máis visitantes e máis potencial de noticia. Coidamos
que se deben aclarar algunhas cousas sobre o feito.
1.A oposición de ‘Por nuestro faro’ é ben anterior a calquera oposición do concello. Coido que é
importante aclaralo porque significa que os veciños, o común, se puxo en marcha reclamando os
dereitos de todos e nun sentido amplo antes que calquera institución comezara a defender
parcialmente algún deses dereitos. O sentido é ben diferente á redacción que presenta a nova, na que
se invirte a orde e parece limitar a intervención veciñal.
2.Se o concello en algún momento se opón a como van indo as cousas débese á oposición do pobo a
traverso de ‘Por nuestro faro’. Oposición que, e non é a primeira vez que se di, tivo que comezar por
cousas aparentemente tan sinxelas como procurar información de que e como se estaba a facer, ou
concienciar á xente de que a illa é de todos, un ben común.
3.É de recalcar que non é a primeira vez que sucede que a porta quede aberta, nin que xente non
autorizada visita a illa de mans do promotor. Sorprende que esta vez se lle dera cabida como nova,
cando nos consta de que non é unha primeira vez, nin tampouco o sería que a illa teña visitantes ós
que se lle abriu a porta. E chama a atención tamén porque a responsabilidade parece diluírse: a
verxa ‘quedou aberta’, como se fora un acto voluntario da propia verxa. Se ocorre un accidente, a
responsabilidade tamén será “da verxa”?
4.O coidado da illa Pancha queda patente por novas coma esta. Polo escavado do entorno, que non
está permitido en ningún papel. Pola vulneración continuada do contrato en temas facilmente
demostrables como os prazos. Polas mentiras en medios diversos como as fotos de xa hai un ano de
dentro dun hotel, ‘aberto e cunha magnífica adega’, etc.
E seguimos.
Seguimos porque se poderían dicir moitas cousas máis, e porque é necesario ir dicíndoas para que
se comprenda a situación. E si, queda moito: cando se escavou arredor do edificio, que pasou?
Nada. Feita a ‘intervención’, xa non se ve nada (ao menos, dende fronte á illa, que as limitacións de
entrada son as que son) e a vida segue sen que a Pancha se entere de que hai unha protección sobre
ela.
Agora ben, xa máis aló de que a illa é un ben común, con todo o que iso implica e os dereitos e
deberes asociados, quen pode confiar no seu coidado cando se comeza polo incumprimento de
cuestións nimias (e non tan nimias) ben antes de que entre en funcionamento o hotel? Mesmo ben
antes de que ‘La Alacena Roja’ publicara en papel de calidade e con anuncios de chiringuitos
oficiais as fotos dun teórico hotel aberto xa en xaneiro de 2016 na illa, cunha magnífica adega. Ou,
quen pode confiar nun Puertos do estado que leva xa anunciado en diferentes lugares un hotel de nonseicantas estrelas no faro, como se a institución fora o empresario, co hotel xa aberto?























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



