Madrid, 23 de xaneiro de 2017. Os parlamentares de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández, presentaron unha iniciativa na Cámara Baixa dirixida ao Ministerio de Fomento para pedirlle explicacións pola importante redución económica no investimento a realizar para o mantemento da vía e as estacións ferroviarias da liña de ancho métrico, a antiga FEVE, nos territorios de Galiza e Asturias.
Fernán Vello e Alexandra Fernández explican que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) decidiu recortar abruptamente o investimento previsto para a liña de FEVE en Galiza e en Asturias. Lembran que en xuño do ano pasado Adif adxudicou 12,8 millóns de euros para a execución dun proxecto para o mantemento preventivo e correctivo da rede de ancho métrico.
“De maneira imprevista, agora Adif deixou a partida en 2,3 millóns, nada máis e nada menos que 10,5 millóns menos”, enfatizan. Os parlamentares de En Marea poñen de manifesto que precisamente se recorta “nunha liña ferroviaria moi necesitada de melloras. Non é a primeira vez que trasladamos ao Ministerio as importantes deficiencias que ten liña de FEVE que percorre Ferrolterra e A Mariña até chegar a Asturias”.
Unha área que precisa da potenciación do ferrocarril
Denuncian a “política de desmantelamento constante e paulatina de FEVE que é un paso atrás en materia de transporte dado que esta infraestrutura podería funcionar como un servizo de cercanías de contar coas melloras urxentes no material rodante, de unidades modernas, de máis personal, de melloras na infraestrutura e na liña, e sobre todo, de frecuencias e servizos adoptados ás necesidades da poboación”.
Os parlamentares de En Marea consideran que Fomento está a abandoar as liñas ferroviarias internas cando “temos unha infraestrutura creada que sería de moito interese aproveitala e potenciala ben para incentivar o transporte por ferrocarril moito máis ecolóxico e sostíbel”. Ademáis, as comarcas de Ferrolterra e de A Mariña son moi deficitarias en materia de ferrocarril, impulsar a liña de ancho métrico redundaría nos habitantes destas zonas e tamén no transporte de mercadorías, de grande peso nesta área”.
Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández anuncian que nas partidas do proxecto de Orzamentos do Estado terán moi presente as necesidades de FEVE no territorio galego, e a tal fin, presentarán melloras orzamentarias.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



