Lugo, 23 de xaneiro de 2017. O Goberno da Deputación abre este luns 23 e ata o 3 de febreiro o prazo de solicitude dos 193 postos de traballo para persoas desempregadas da provincia, que ofrece a través do “Ben Empregado 3, máis social”, que dotou de 2,3 millóns de euros. Do total de postos ofertados, 34 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña, 40 da Comarca da Terra Chá, 50 na de Lugo, 16 na de Sarria e 3 na da Ulloa; 19 na da Montaña, 28 en Lemos e Chantada, e outros 3 con mobilidade pola provincia.
En www.deputacionlugo.gal están publicados os perfís laborais, así como a documentación necesaria para inscribirse, que debe presentarse no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ou nos das dependencias administrativas que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992.
Nesta edición, cada interesado poderá concorrer, como máximo, a dous perfís. Para iso, deberá presentar a seguinte documentación: fotocopia do Documento Nacional de Identidade; fotocopia da tarxeta de demandante de emprego ou o certificado de empadroamento; curriculum vitae actualizado; vida laboral actualizada e os anexos da solicitude. Para consultas pódese chamar aos teléfonos 982-260- 222 e 982-260- 085, ou ben enviar un correo electrónico a: benempregado2@deputacionlugo.org.
O “Ben Empregado 3, máis social” oferta un total de 193 postos de traballo, que foron solicitados polas 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, que resultaron beneficiadas das axudas do organismo provincial para a contratación de novos traballadores. Para a súa selección, o Executivo Provincial primou ás entidades de nova creación; ás impulsadas por mulleres, maiores de 45 anos ou por mozos de entre 16 e 35 anos. Tamén favoreceu ás entidades e colectivos que propuxeron contratacións indefinidas, cursos de formación, medidas de conciliación laboral ou melloras en canto aos convenios do sector dos traballadores.
O Executivo Provincial obriga ao cumprimento destas condicións, incorporando cláusulas sociais nos contratos dos traballadores. En caso de incumprimentos, as contratistas non recibirán a subvención correspondente. As empresas e colectivos terán que render contas ao Goberno da Deputación todos os meses para poden comprobar con documentación oficial que non se infrinxen as cláusulas sociais.
Financiamento dos custos laborais nun 100% ou nun 50%
As empresas que elixiron a opción do Goberno Provincial de contratar a lucenses no paro con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodepentes) recibirán o 100% da axuda económica da Deputación, coa que financiar todos os custos laborais dos novos traballadores. Esta será dun máximo de 22.000 euros. Son 36 as entidades que optaron por esta liña. Demandan 39 os empregos que demandan.
Mentres, as empresas que optaron por contratar a desempregados da provincia en xeral, contarán co 50% do orzamento necesario para cubrir os custos laborais. Son 116 as que se decataron por esta liña. Demandan 126 empregos.
Os colectivos sen ánimo de lucro que resultaron beneficiados, que son 26, demandan outros 28 postos de emprego. Neste caso, o Goberno da Deputación decidiu financiarlles ao 100% os custos laborais dos novos traballadores, que sempre teñen que ser desempregados lucenses.
Cómpre subliñar, que o feito de que o Executivo Provincial decidise favorecer a contratación de persoas con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables, así como a actividade social de colectivos sen ánimo de lucro, foi unha das cuestións que motivou a COGAMI a conceder o seu premio anual co que recoñece o traballo e a implicación dunha soa institución de Galicia en prol da igualdade. O Goberno converteu á Deputación de Lugo na primeira institución en Galicia cun plan de emprego que financia ao 100% a contratación de persoas con capacidades diferentes.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



