Burela 4-2-17. O derbi galego comezou cun ritmo frenético por ambos equipos que presionaron con moita intensidade ao seu rival e nas primeiras accións o Pescados Rubén xerou máis perigo sobre a meta defendida por Chema. Hélder gozou da mellor oportunidade pero a resposta compostelá non se fixo esperar por mediación de Dani Montes pero foi Álex Diz o encargado de inaugurar o marcador con un disparo intelixente que sorprendeu a Álex, minuto 6. O 1-0 non variou o ritmo e o partido viaxaba con rápidas transicións en ambas direccións e con máxima igualdade. Superado o ecuador do primeiro periodo a intensidade comezou a provocar máis imprecisións e a ausencia de ocasións e no tramo final o Santiago logrou manexar a posesión con máis tranquilidade aínda que a mellor ocasión foi para José Carlos que case logra o empate tras un bo pase de Cuco.
Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación repetiuse o discurso inicial cun ritmo frenético. No minuto 26 o Santiago ampliou a súa renda cun gol de estratexia cociñada polos irmáns Diz. Álex asistiu a Antonio que elevou o 2-0 ao marcador de Santa Isabel. O Pescados Rubén Burela acusou o golpe e os santiagueses gozaron dun par de ocasións mediante as xogadas a balón parado. Dani Montes tivo a mellor cun disparo que se atopou coa cruceta laranxa.
O Pescados Rubén, cargado de faltas, buscou cambiar a dinámica con Antoñito como porteiro xogador no minuto 29 que non xurdiu o efecto esperado. Os composteláns lograron conter o ímpetu burelista con boas posesións e gozaron dun par de ocasións con Mel e Isma que desbaratou Álex. Á terceira chegou o premio para os locais co 3-0 marcado por Antonio Diz que pescou un balón na liña de fondo para bater a Álex, minuto 36. Acto seguido chegou a expulsión de Santi que provocou a superioridade numérica laranxa salvada polos santiagueses para encarar a recta final co 3-0 que se matuvo ata o pitido final.
Ficha técnica
Santiago Futsal: Chema Mella, Hugo Sánchez, Catela, Antonio Diz, Pablo Mel -cinco inicial- Ismael, Dani Montes, Álex Diz, Santi, Tallón, Alejandro.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Iago Rodríguez -cinco inicial- Renato, Cuco, Antoñito, José Carlos, Carlitos.
Goles: 1-0, m.6, Álex Diz; 2-0, m.26, Antonio Diz; 3-0, m.36, Antonio Diz.
Árbitros: Gallo Suárez, Martínez Torres. Cartón amarelo a Hugo Sánchez, Catela e vermello a Santi en Santiago Futsal. Cartón amarelo a Renato, Hélder, Iago Rodríguez, Bellvert e Álex no Pescados Rubén Burela FS.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira División LNFS. Disputado no pavillón de Santa Isabel de Santiago.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
