Ribadeo, 30 de marzo de 2017. A Concellaría de Cultura presentou este xoves a súa programación para o segundo trimestre do ano. Entre as diversas actividades que se desenvolverán durante os meses de abril, maio e xuño, haberá teatro para adultos e nen@s, música, encontros literarios, presentacións de libros e exposicións. E ademais continúan o ProxectoR con proxeccións no Teatro os mércores e o Apego para os bebés.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou que “comezamos esta presentación falando do evento desta fin de semana que se caracteriza por xuntar dúas constantes da nosa programación cultural, por un lado o apoio ao teatro afeccionado e por outro ofrecer actividades para o alumnado dos centros de ensino. Mutis por el foro é un dos grupos de teatro da Universidade de Navarra que representará unha adaptación da Odisea de Homero. O Teatro acollerá dúas funcións, unha o venres pola mañá para o alumnado de linguas clásicas dos centros educativos ribadenses, e súmase ademais alumnado de institutos galegos e asturianos de concellos veciños. A segunda función para todas aquelas persoas que queiran achegarse a este clásico da literatura o sábado, 1 de abril, ás 20:30 horas no Teatro”.
O edil nacionalista engadiu que “o Concello ven colaborando no que levamos de curso, co que denominados IES Literarios con…, que achegou ata Ribadeo a María Solar e María Reimóndez, e que recibe neste mes de maio a Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Asemade nenas e nenos de primaria terán unha sesión de animación á lectura na nosa biblioteca pública celebrando o Día do Libro. Ribadeo acolle dentro do programa Ler conta moito a uns vellos coñecidos, a compañía Trinke Trinke con Os ratiños da caixa”.
Farruco Graña salientou que “queremos presentar tamén a programación para este trimestre das tres películas elixidas polo colectivo Doce do patíbulo no ciclo ProxectoR, que nos ofrecen a oportunidade un mércores por mes de ver cinema de autor, clásico e moderno, en versión orixinal no noso Teatro. A maiores poden seguir na páxina de ProxectoR outras proxeccións que teñen lugar en establecementos hostaleiros da nosa vila. Para estes tres meses tócase o drama con Léolo, de Jean Claude Lauzon, o xénero negro con Morte entre as flores, de Joel Coen, e o documental con Human, de Yan Arthus-Bertrand. Tamén do xénero documental imos poder ver O que hai que facer para non ir ao mar, de Iago Vázquez. Unha peza audiovisual que percorre a historia do teatro galego e na que as persoas asistentes teñen a oportunidade de participar nun coloquio cun dos grandes desa historia, o mariñán Manuel Lourenzo”.
O concelleiro de Cultura subliñou que “esta Concellería ademais ten o pracer de participar na presentación do libro Ribadensario, que recolle as colaboracións de Juan Carlos Paraje Manso en La Comarca del Eo. O Apego terá en abril e maio propostas propias, neste caso para bebés que publicitaremos no seu momento. No apartado de exposicións inauguraremos a finais de abril unha exposición sobre a figura de Manuel Orestes Rodríguez López”.
Graña anunciou que “no que respecta á música a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece os seus concertos de Semana Santa e das Letras Galegas, e a Coral Polifónica interpretará tamén o seu tradicional concerto da Semana Santa na igrexa parroquial. Como é habitual tamén poderemos gozar do festival de fin de curso que prepara o profesorado e alumnado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. No ámbito da música, mais nun xénero distinto, pretendemos seguir afianzando a presenza do rock na nosa programación e no mes de xuño teremos o segundo SonRock, que este ano terá un cartel composto por Ánima e Machina e coa presenza dun grupo local”.
O edil ribadense asegurou que “vai haber unha especial interacción entre o Ribadeo de Tapeo e a programación cultural do segundo trimestre con actos que se reforzan mutuamente”.
Farruco Graña quixo “agradecer a colaboración doutras entidades culturais coas súas achegas á programación cultural deste segundo trimestre. Quedan algúns actos por confirmar para o mes de xuño e queremos prestar especial atención ao mundo da poesía. Cando se concreten algúns aspectos técnicos pendentes publicitaremos debidamente o acto”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



