Mondoñedo, 4 de abril de 2017.- O Concello de Mondoñedo daralle difusión aos seus recursos turísticos e gastronómicos a través dos vídeos do recoñecido blogger Diego Pons, que esta fin de semana estivo na localidade onde participou e gravou a proba deportiva ‘Toxiza Clasicc Extrem’.
Amais de seguir a carreira, o afamado blogger achegouse tamén, tal e como así recolle xa nas súas redes sociais, ás Covas do Rei Cintolo, así como algúns dos principais recursos turísticos de Mondoñedo, como a Catedral. O traballo que fará para o Concello inclúe ademais a promoción de alimentos típicos, como a tarta de Mondoñedo ou os produtos da horta.
Tanto é así que a portada da súa páxina de Facebook está estes días está dedicada ao seu paso por Mondoñedo, cunha fotografía na que se pode ver a Diego Pons entre os participantes na carreira, diante da Catedral e na que reza:
“Arranque mis 54 años corriendo la carrera en #Mondoñedo “Toxiza Classic Xtreme 2017” asi por la mañana 😉 y por la tarde visitamos la cueva del REI CINTOLO… Un 2 de abril bien aprovechado en #Galicia”
A alcaldesa, a popular Elena Candia, pon en valor a importancia de que o Concello conte con este tipo de aventureiros que van contribuír a achegar ao Concello a viaxeiros activos, amais doutras accións convencionais que o equipo de Goberno tamén está a levar a cabo. De feito, ademais da gran cantidade de seguidores que Diego ten nas redes sociais, os seus vídeos suman ata 300.000 reproducións, “o que o converte nun altofalante magnífico para dar a coñecer Mondoñedo”, explica a rexedora.
‘Viajando con Diego’
Tal e como recolle a súa propia páxina web, “Viajando con Diego” é unha canle de vídeos dirixida a viaxeiros activos que buscan alternativas ás guías de viaxe convencionais para ver destinos e actividades.
O propio Diego Pons explica que os seus usuarios “pertencen a unha nova xeración de trotamundos que buscan destinos e actividades diferentes e que utilizan Internet para informarse. Lonxe do estilo dos tradicionais documentais de viaxes, os nosos vídeos falan a linguaxe dos novos medios de comunicación audiovisual e caracterízanse pola súa axilidade e a súa frescura, que recorda a un videoclip musical.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



