Lugo, 27 de abril de 2017.O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez, o Concelleiro de Deportes de Cervo, Luis Antonio Guillén Menéndez, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, e o Presidente do CB Estudiantes Lugo Leyma Natura, Suso Lázare Rincón, presentaron este xoves o XXXVII Campionato de España de Baloncesto Júnior Feminino.
O organismo provincial é o principal patrocinador do campionato, posto que realiza unha achega de 22.000 euros para a celebración desta cita nacional, que terá lugar nos Concellos de Viveiro, Burela e Cervo do 7 ao 13 de maio na que participarán 32 equipos femininos chegados de toda a xeografía española. Serán, polo tanto, 500 xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000 as que reunirá o evento. A estas cifras hai que engadir decenas de federativos e responsables arbitrais e oficiais de mesa, así como unhas 1.200 persoas que se corresponden con familiares, acompañantes, persoal de axencia de representación deportiva ou afeccionados, o que suporá un retorno económico estimado para os tres concellos mariñáns de 1,5 millóns de euros.
Rivera Capón subliñou que “temos o pracer e a ilusión de albergar de novo unha cita deportiva de primeiro nivel, e tamén, o convencemento de que as preto de 2.000 persoas que participarán na competición, quedarán fascinadas coa riqueza paisaxística, cultural e gastronómica das tres vilas da Mariña lucense nas que terá lugar, así como coa hospitalidade das súas xentes”.
O responsable provincial de Deportes engadiu que “algunhas das rapazas que competirán na Mariña no mes de maio, chegarán a ser futuras profesionais ou integrantes da selección española de baloncesto, que nos últimos anos é sinónimo de éxito. Coa celebración deste campionato non só contribuímos a incentivar o turismo e o tecido produtivo da provincia, senón que tamén apostamos polo deporte como parte dun estilo de vida saudable, e concretamente polo deporte feminino, dentro do noso compromiso por conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Calendario
O Campionato de España terá lugar do 7 ao 13 do vindeiro mes de Maio de 2017. Dito Campionato estruturase mediante oito grupos de catro equipos cada un, participando, polo tanto, un total de 32 equipos de toda a xeografía española. A primeira fase de grupos é sen dúbida a máis complexa, polo requirimento dun mínimo de 3 pavillóns onde realizar 16 encontros que terán lugar cada día do 7 ao 9. Do 10 ao 13 terá lugar a Fase Final onde se disputarán o título os 16 mellores equipos de España desde os oitavos de final ata a gran final.
Repercusión mediática
Os 66 partidos que se disputarán durante a intensa semana retransmitiranse por streaming, polo que estarán dispoñibles en calquera parte do mundo. As redes sociais tamén serán unha forte ferramenta de difusión do evento, e tanto o Twitter oficial do Campionato, como o da Federación Española, Federación Galega, e os dos propios clubes (Estudiantes Lugo, CB Burela, CB Viveiro e CB San Ciprián), volcarán contidos e información dun xeito constante.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
