Viveiro a 28 de abril de 2017. O grupo municipal do PP ten traído en numerosas ocasións a diversos plenos rogos e preguntas sobre a falta de saneamento ou alcantarillado en parroquias como San Pedro , Chavín , San Andrés , Valcarría, asi como en barrios das parroquias de Covas , Galdo , Vieiro e Celeiro . Somos tamén conscientes que nos últimos anos se fixeron algunhas inversións para dotar ás parroquias de saneamento, tanto con fondos propios como a través de subvenciónns da administración provincial e autonómica. Lamentablemente, a día de hoxe, é moito o que queda por facer nas zonas rurais do noso Concello que en pleno século XXI se ven privados dun servicio tan básico e necesario como é este, supoñendo entre outros moitos inconvenientes, un claro exemplo de discriminación entre o rural e o casco urbano.
Dado que no referente a saneamentos, a competencia é municipal , que desde o noso grupo o que pretendemos é axudar a solucionar os problemas dos nosos veciños e que creemos firmemente en que a colaboración entre as Administracións é o mellor modo de acadar os mellores resultados,
Por estes motivos, solicitamos a esta Corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:
1 – Instar o equipo de goberno local xunto cos técnicos municipais, a que nun corto espacio de tempo, elaboren un plan de saneamento plurianual para dar servicio a todas as parroquias e barrios do noso Concello que a día de hoxe non dispoñen deste servicio básico.
2 – Instar á Sra Alcaldesa para que unha vez elaborado este Plan, realice todas as xestións necesarias ante outras administracións para acadar a colaboración económica que permita impulsar este Plan.
Celestino García Paz
Concelleiro do Grupo Municipal do Popular





















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



