No terreo que no seu día ocuparon estas instalacións arrincou a xornada cunha foto de grupo e a benvida do alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor subliñou “a importancia de celebrar este tipo de encontros para recordar tempos pasados dos rapaces que pasaron por ese centro de ensino, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria”. A xuntanza seguiu cunha visita ao litoral barreirense e á praia das Catedrais, aperitivo, xantar no restaurante La Yenka, en Reinante, e festa durante a tarde. Os organizadores agardan que este sexa o inicio de encontros vindeiros.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



