Ribadeo, 29 de abril de 2017. Libros Lar editou a publicación As covas do rei Cintolo, na que se recolle de forma facsimilar un libro de Daniel Cortezón, do ano 1956, e un cómic de Suso Peña, as dúas obras co mesmo título. A presentación celebrarase este vindeiro venres, día 5 de maio, ás 20:15 horas na Casa das Letras, de Ribadeo. No acto intervirán o editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; e a deputada provincial responsable da Área de Cultura, María Pilar García Porto. Tamén asistirán as viúvas dos ribadenses Daniel Cortezón e Suso Peña, Mati e Carmucha.
O editor explicou que “a publicación consiste en reunir nun único volume dúas obras de dúas persoas coas que me uniu unha fonda amizade por moito tempo e que á súa vez eran moi amigas entre elas: Daniel Cortezón e Suso Peña. A primeira novela de Daniel Cortezón, As covas do rei Cintolo, que publicou Editorial Galaxia no ano 1956, levaba esgotada desde pouco tempo despois e grazas ás xestións que fixo a súa viúva, Mati, Editorial Galaxia permitiunos facer unha reprodución facsimilar para reeditar esta obra. Por outra parte Suso Peña tiña un breve cómic de 8 páxinas, que se titulaba La cueva del rey Cintolo porque estaba escrita en castelán, e pareceunos oportuno reunir estas dúas obras nun só libro”.
Manuel López engadiu que esta publicación “contén dúas partes: unha primeira, máis extensa, que reproduce a obra de Daniel de forma facsimil, ou sexa exactamente coa mesma tipografía coa que publicou Editorial Galaxia; e a continuación reprodúcese o cómic A cova do rei Cintolo, porque o traducimos ao galego. Probablemente é o último cómic que debuxou Suso e foi unha colaboración que lle pediron para unha revista de cómic que se chamaba Comix, da editorial Toutain. Incluso creamos unha tipografía, que lle chamamos familiarmente Suso Peña, para reproducir os textos en galego coa letra orixinal de Suso que se emprega nos bocadillos do cómic”.
O editor comentou tamén que “a empresa Gráficas Lar para ter a capacidade de facer determinadas iniciativas editoriais puxemos en marcha Libros Lar e esta publicación faise ao amparo do noso selo editorial. E quero mencionar o apoio da Deputación Provincial porque dunha tiraxe de 500 exemplares a Deputación fíxonos un pedido de 200 libros, o que reverte en que o resto, que se colocan á venda nas librerías, se poñan a un prezo bastante popular, que son 10 euros cada exemplar”.
E Mati González manifestou: “pienso que sería un orgullo enorme para Daniel y para Suso estar juntos en un libro, con lo amigos que eran, y encima editado por otro gran amigo de ellos, como es Manolo. Es una pena que no puedan disfrutarlo en vida pero supongo que alguna onda les llegará”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



