04 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado da Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves en Burela na inauguración da tenda de produtos ecolóxicos A Leira, unha iniciativa da emprendedora Pilar López, que se materializou logo de que a promotora participase no curso de maduración empresarial do IV Campus do Emprendemento Sostible, organizado polo Goberno da Deputación.
Campos Conde destacou durante a súa intervención que “é unha satisfacción ver materializados as ideas emprendedoras en proxectos que xeran riqueza para a súa contorna” e lembrou que no IV Campus do Emprendemento Sostible participaron 80 persoas, das cales 70 foron alumnos de Formación Profesional e outras 10, emprendedores que, como Pilar, precisaban asesoramento sobre as súas ideas de negocio para iniciar a actividade”. O Presidente desexoulle moita sorte na súa andaina comercial e destacou que desde a creación do Campus de Emprendemento xa foron moitos os emprendedores da provincia que lograron sacar adiante os seus proxectos empresariais.
A nova tenda está situada na rúa Castelao nº2 e ofrece produto galego ecolóxico e hortalizas e verduras da zona, así como outros produtos frescos como zumes naturais e batidos. Ademais, entre a súa oferta figuran produtos que a promotora coñeceu durante as visitas empresariais efectuadas no Campus de Emprendemento Sostible, como os producidos por Arqueixal e Mulhulloa.
A promotora da tenda, Pilar Rodríguez, participou o curso de maduración de ideas empresariais do IV Campus de Empredemento Sostible, que se celebrou no Centro de Interpretación Terras do Miño, en Lugo, coa participación de 10 persoas. O obradoiro afondou nos métodos para analizar a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos proxectos, unha formación teórica que se completou cunha serie de titorías e a visita a empresas da contorna, para coñecer casos de éxito. Pilar Rodríguez recibiu, ademais, asesoramento personalizado dos técnicos para a posta en marcha e a orientación da tenda.
Participantes do IV Campus de Emprendemento
A cuarta e última edición ata o momento do Campus de Emprendemento Sostible finalizou o pasado mes de marzo, logo de organizar 6 cursos de formación que contaron coa participación de 80 alumnos. Destes, un grupo de 10 participantes foron emprendedores que xa contaban cunha idea empresarial e precisaban asesoramento sobre diferentes aspectos do seu proxecto; e os outros 70, foron alumnos de 3 institutos de Formación Profesional: o IES San Rosendo de Mondoñedo, o IES Trapero Pardo de Castro Ribeiras de Lea e a Escola de Alta Montaña de Becerreá.
A oferta formativa incluíu dous tipos de accións: un taller de motivación e xeración de ideas empresariais o outro de maduración de ideas. Ambos os dous combinaron as sesións teóricas con visitas a empresas da provincia, para dar a coñecer experiencias exitosas de emprendemento sostible.
Novas empresas
Nas catro edicións do Campus do Emprendemento Sostible foron moitos os emprendedores da provincia que lograron sacar adiante os seus proxectos, coa axuda e a titoría dos técnicos do Campus. Algúns exemplos das novas empresas creadas son a Pensión Os Ancares, en Becerreá; restaurante Casa Meiroi en Navia de Suarna; a empresa de ferretería Tualicate.com; a consultoría de avogados, Avogar; a cafetería Abadía de Mondoñedo; a empresa de eventos Esmorga; a empresa de apicultura Casa Príncipe e o proxecto de educación na natureza, Nena, entre outros.
O Campus do Emprendemento Sostible é unha iniciativa do Goberno da Deputación para impulsar a creación de empresas no rural, sostibles e respectuosas co medio, que contribúan a xerar postos de emprego e frear o despoboamento demográfico, especialmente nos territorios das Reservas da Biosfera.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



