Ribadeo, 5 de maio de 2017.A Asociación A Mariña- COGAMI está a desenvolver no seu Centro de Recursos para persoas con Discapacidade sito na Urbanización Palmeiro- A Regueira (Xove) durante o período de 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2017 o “Proxecto de desenvolvemento integral para persoas con discapacidade da Mariña Lucense”, co que se pretende promocionar o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, potenciando capacidades cognitivas e sociais, sen descoidar o mantemento e recuperación física e emocional, e prevé beneficiar a 15 persoas da Comarca da Mariña Lucense, ámbito territorial onde se executa o proxecto.
Este proxecto execútase grazas á subvención de 60.000 euros procedentes do 0,7% del IRPF do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad xestionado por COCEMFE. A Confederación xestiona esta subvención para que as súas entidades membros poidan financiar os seus proxectos prioritarios, ao tempo que lles proporciona asesoramento e realiza o seguimento durante a elaboración, execución e xustificacións dos mesmos. Neste caso, o proxecto enmárcase no Programa de COCEMFE de Apoio á Autonomía Persoal e Vida Independente.
O proxecto integral para persoas con discapacidade combina accións dirixidas á formación e capacitación das persoas, ademais de potenciar a súa recuperación e mantemento físico- funcional.
Así mesmo, caracterízase pola atención integral á persoa, atendendo áreas psicoeducativas, rehabilitación física e un servizo de apoio persoal con intervención social e psicopedagóxica, que facilita que a persoa alcance un maior grado de independencia na súa vida diaria.
Proxectos como este desenvólvense grazas á solidariedade dos contribuíntes que cada ano marcan na súa declaración da renda o recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social.
A Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense “A MARIÑA-COGAMI”, é unha Organización non Gobernamental constituída o ano 1989, que ten como obxectivo conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. É membro da Federación Provincial COGAMI- Lugo e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



