Ribadeo, 18 de maio de 2017. Ribadeo acollerá do 26 ao 30 de xuño o II Campus da Fundación Celta de Vigo, que foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello. No acto participaron o coordinador de Escolas e Convenios da Fundación Celta, Diego García Sarabia, o concelleiro de Deportes, David Rivas, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como Juan Valle e Miguel Peña da SD Ribadeo.
O edil nacionalista dixo que “desde o Concello queremos dar a benvida por segundo ano a este campus da Fundación Celta de Vigo. Sentímonos moi gratificados, despois de ser sede dun evento deste tipo, de que unha entidade como o Celta teña en conta Ribadeo para facer este tipo de actividades. Nosoutros somos un Concello que sempre presumimos de apostar polo deporte base, de que case o 70 por cento de nenas e nenos en idade escolar forman parte dalgunha escola deportiva, de que cada ano temos escolas deportivas de disciplinas novas e un evento deste tipo, no que se xunta deporte, convivencia e ensinar uns valores e unhas actitudes ás nenas e aos nenos consideramos que é moi positivo. Se o ano pasado foron 65 participantes oxalá neste 2017 sexan máis e este campus se poida seguir celebrando durante moitos anos”.
Diego García Sarabia sinalou que “este año fue muy importante para la Fundación y para el RC Celta, a nivel deportivo se han conseguido unos hitos que a lo largo del tiempo se recordarán. Me gustaría felicitar también a equipos como la SD y a Concellos como Ribadeo que confían en nosotros y que tienen intenciones fabulosas para realizar con sus niños. Lo que pretendemos con el campus es inculcarles a través del fútbol una serie de valores y que vean en el RC Celta y en la Fundación Celta una identidad y una manera de entender el deporte diferente. Los niños que acudan al campus participarán en un formato rotativo, el lunes, martes, jueves y viernes pasarán por cuatro áreas: multideporte, competición, psicomotricidad y tecnificación, y el miércoles hacemos algún evento diferente, como hicimos el año pasado en la playa o en el pabellón”.
García Sarabia engadiu que “ojalá pudiese venir algún jugador, lo que es complicado, pero seguramente haya alguna sorpresa, no directamente en el campus pero a lo mejor a lo largo del año se pueda hacer algún evento un poco diferente, porque la verdad es que la apuesta tanto de la SD como de sus monitores siempre es estar innovando, presentándonos posibilidades para hacer, tienen torneos, … y siempre hay que estar con ellos todo lo que se pueda”. Sobre ao número de participantes que poidan acudir a este campus manifestou: “yo estaría contento con que se repitiese más o menos el mismo número de participantes que el año pasado, pero si se lo preguntas a ellos seguramente quieran tener 100 o 120 niños, porque siempre intentan moverlo por muchísimos sitios de alrededor de Ribadeo, aunque de este municipio es de donde más afluencia puede haber. Pero yo creo que los números que movieron el año pasado son impresionantes, se ha vuelto a demostrar en los clínics de Navidad que es un número óptimo, con lo cual en torno a 50 o 60 niños estaría fabuloso, aunque seguramente que ellos querrán llegar a muchos más”.
Desde a SD Juan Valle e Miguel Peña agradeceron a confianza e a colaboración da Fundación Celta de Vigo e do Concello de Ribadeo. Peña sinalou que “o campus é unha experiencia bonita para nosoutros e para os nosos nenos, porque é un fin de curso, como un premio que teñen polos estudios. Eu intento ser máis optimista e espero chegar aos cen nenos esta temporada. O bonito sería que houbese unha sorpresa para os pequenos, sexa cal sexa, e eses días que gocen dunha forma diferente de ver o deporte base, non a competición”.
A inscrición para participar neste campus poderá facerse desde mañá, 19 de maio, a través da páxina web da Fundación Celta.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
