Santiago, 24 de maio de 2017.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (http://bit.ly/2qfo2J6) o anuncio polo que se fai público o primeiro Plan de xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, co que se pretende garantir o desenvolvemento económico sostible das comarcas integradas.
Cómpre recordar que este plan que foi aprobado durante a reunión anual da Comisión de coordinación institucional da Reserva celebrada en abril no concello lucense de Baleira e está baseado en 11 liñas estratéxicas de acción, coas que se pretende harmonizar a conservación co aproveitamento económico dos recursos naturais da zona.
Estas medidas poranse en marcha, en Galicia, en sete concellos da provincia de Lugo: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada; integrados nesta reserva interautonómica que abrangue unha superficie próxima ás 160.000 hectáreas entre Galicia e Asturias.
Este plan que contempla un total de 26 actuacións específicas para promover o desenvolvemento sostible das actividades agrogandeiras, forestais, piscícolas, marisqueiras e empresariais, así como fomentar o turismo de calidade e a artesanía local. Deste xeito, facilitase o desenvolvemento rural e a mellora das condicións de vida das comunidades locais e potenciaranse as actividades manufactureiras e artesanais, como tamén a posta en valor de produtos de calidade e representativos da zona.
Así, este plan xestor é a folla de ruta que de agora en diante harmonizará o actividade económica cos traballos de mantemento e restauración do estado de conservación dos hábitats naturais baseados, fundamentalmente, na erradicación e mitigacións das especiais exóticas de carácter invasor, pero tamén en medidas para favorecer a adaptación e a redución dos efectos do cambio climático e preservar as unidades paisaxísticas e os agrosistemas tradicionais.
Igualmente, este plan xestor contempla accións para a protección e posta en valor dos recursos etnográficos, culturais e patrimoniais sen esquecer o importante labor que desenvolven os órganos xestores das reservas da biosfera en canto á investigación e á educación medioambiental.
Cómpre salientar que este plan de xestión da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón tamén contempla a cooperación e intercambio con outras reservas coa finalidade de sumar esforzos, compartir o coñecemento e buscar sinerxías que contribúan a unha xestión eficaz e eficiente das unidades de conservación.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



