Ribadeo, 25 de maio de 2017. Ata o 2 de xuño está aberto o prazo de inscrición nas Actividades de Verán Ribadeo Mozx, que organizan o Concello ribadense e a OMIX para @s nen@s e moz@s. O sorteo das prazas terá lugar o 7 de xuño e o prazo para presentar o xustificante de pago será do 12 ao 19 de xuño. A información e recollida dos impresos debe facerse na OMIX, na Casa da Xuventude, e a inscrición no Concello. En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.
A oferta do Concello para este verán serán Colonias de verán para os nenos e nenas de infantil do 3 ao 28 de xullo. Haberá xogos, obradoiros, deportes e actividades lúdicas e recreativas e unha festa acuática o 25 de xullo. Haberá tamén estas colonias nas mesmas datas para os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria e para os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que gozarán de xogos, obradoiros, deportes, piscina e actividades acuáticas (padel surf, bolas acuáticas, banana acuática, etc…), excursións e festa acuática na piscina o 25 de xullo. A cota destas colonias é de 30 euros por semana.
Os nenos e nenas a partir de 11 anos poderán participar nun Obradoiro de iniciación ás curtametraxes para mozos e mozas. Será do 3 ao 6 de xullo. Os nenos e nenas nados entre 2003 e 2010 gozarán de torneos 3×3 de fútbol, baloncesto e tenis de mesa do 3 ao 14 de xullo.
Para os rapaces e rapazas a partir de 12 anos ofértase a actividade deportiva Heroican Kid Training os días 26, 27 e 28 de xullo. E finalmente en setembro o día 20 haberá un Obradoiro de ferramentas dixitais e recursos na rede para o estudo. Os destinatarios son os rapaces e rapazas a partires de 11 anos.
Ademais Cultura no Camiño traerá varios espectáculos para os nenos e nenas ao longo de todo o verán.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



