Cervo (Lugo), 28 de maio de 2017.- O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon
criticou “a inacción do goberno de Alfonso Villares, xa que acaba de celebrarse o pleno do mes de vacio, xa que na Orde do Dia só constaba tramites regulamentarios e o apoio a Declaración de Sevilla, o compromiso das cidades pola economía circular.
Mon sinala que a falla de asuntos da sección resolutiva reflicten “un Concello paralizado e inactivo, e un Goberno vacio de contido, sen ideas, sen iniciativas, sen proxectos, sen proxección de futuro, en definitiva un reflexo claro da pobre xestión que ven a realizar o partido PP do Goberno Municipal”.
Critica ademais que cando a oposición presenta incoativas positivas para os cidadáns nas sesións plenarias “o PP aplica o seu rodillo de maioría absoluta, e paraliza todas as propostas dos demais grupos da oposición”.
Sobre a Declaración de Sevilla, Mon sinala que este documento da FEMP pon de manifesto a necesidade de priorizar a ecoeficiencia e os hábitos de produción e consumo máis respectuosos co medio ambiente. Neste punto demandoulle ao rexedor “aplicarse o conto”, xa que lembra que “si tanta sensibilidade e preocupación tiveran coa preservación do medioambiente non houberamos perdido as bandeiras azuis que tivemos, por culpa dos vertidos”.
E lembrou outros problemas como a vertedura incontrolada do emisario de Cubelas, polo que o Concello foi sancionado pola Consellería de Sanidade; a EDAR; o saneamento de Figueirido, que verte sen ningún tipo de depuración ó Río Xunco; chegando eses vertidos ata a praia de Rueta, un dos paraxes mais entrañables e bonitos do concello, facendo desta, a menos aconsellable para o baño.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



