Ribadeo, 2 de xuño de 2017. O programa Ben Empregado 3 da Deputación Provincial de Lugo posibilitou a incorporación dun traballador durante un ano (do 1 de xuño de 2017 ao 31 de maio de 2018) á Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Trátase de José Ángel Pombo Pumares, que realizará tarefas de asistencia á directiva e á xerencia de Acisa durante este tempo e estará a disposición dos socios e socias deste colectivo.
O presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente, Jesús Pérez, déronlle a benvida e aseguraron que “o que pretendemos é ofrecer os mellores servizos aos nosos asociados e asociadas. E iso seguirémolo a facer co noso traballo habitual e agora tamén coa incorporación deste traballador, que conta con 18 anos de experiencia no sector fiscal”.
Martínez precisou que “José Ángel apoiará ao xerente no seu traballo, visitará aos nosos socios, colaborará na organización e posta en marcha das campañas que levaremos adiante ao longo dos vindeiros meses e atenderá todas aquelas dúbidas ou suxestións que nos queiran facer chegar”.
O presidente de Acisa subliñou “a importancia que ten este programa da Deputación de Lugo, o Ben Empregado 3, para as empresas e tamén para as asociacións como a nosa. É dunha grande utilidade porque poderemos facer máis cousas, grazas á chegada deste novo traballador. A experiencia que tivemos nas outras edicións foi moi positiva”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



