Lugo, 02 de maio de 2017. A XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia celebrará as súas finais de categoría infantil, xuvenil e cadete esta fin de semana nos campos de A Mina (A Pontenova), Viñas da Veiga (Mondoñedo), e Cerdeiriños (Monterroso), respectivamente. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
A primeira das finais en disputarse será a de categoría infantil, que se celebrará este sábado ás 11:30 horas no campo de A Mina, en A Pontenova e enfrontará á Sociedade Deportiva Sarriana e á Sociedade Deportiva Ribadeo. Xa pola tarde, ás 18:00 horas terá lugar a final da categoría xuvenil, que medirá á Sociedade Deportiva Porto Burela e á Escola de Fútbol Polvorín, no campo de fútbol de Viñas da Veiga, en Mondoñedo.
O domingo será a quenda dos cadetes, coa celebración da final entre a Sociedade Deportiva Ribadeo e a Sociedade Deportiva e Cultural Residencia A, a partir das 11.30 horas no campo de Cerdeiriños, en Monterroso.
Categorías e premios
Como novidade, este ano a competición deportiva reúne a equipos de todas as categorías a nivel provincial co obxectivo de promover e impulsar o fútbol base lucense. Para facer máis dinámica a Copa Deputación de Fútbol, o sistema de competición será a partido único ata a final. Ademais, a final das categorías Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina celebraranse o 25 de xuño no Estadio Anxo Carro do Club Deportivo Lugo. A cada un dos finalistas das categorías de fútbol base corresponderalle trofeos e medallas que serán aportados pola Deputación.
– Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina: 1º clasificado 5.000 euros e 2º clasificado 3.000 euros.
– Segunda e Terceira Autonómica Masculina: 1º clasificado 4.000 euros e 2º clasificado 2.000 euros.
– Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo primeiro: 1º clasificado 4.000 euros, 2º clasificado 2.000 euros e 3º clasificado 500 euros.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
