Mondoñedo, 2 de xuño de 2017.- Un coro conformado por cincocentos nenos e nenas homenaxeou esta tarde os poetas mindonienses no concerto No bico un cantar. A praza da Catedral de Mondoñedo foi o escenario desta actuación na que alumnos e alumnas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantaron os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño.
Nico Casal, Paz Valverde, Toldrá, Batallán e Baldomir foron os compositores que crearon as melodías sobre as que o alumnado cantou os poemas dos poetas elixidos nesta nova edición de No bico un cantar, que pechou, como vén sendo habitual, coa interpretación do “Maio longo”, de Rosalía de Castro, musicado por Xosé Baldomir. No concerto, o coro de nenos e de nenas estivo acompañado polo quinteto de metais Hércules Brass, e baixo a batuta do director Maximino Zumalave.
“Desde a Xunta de Galicia vimos acompañando cada ano esta iniciativa nacida no Consello da Cultura Galega, como unha oportunidade para que o alumnado das escolas de música incorpore aos seus repertorios estas partituras e favorecermos, así, a súa afección pola música culta galega e pola poesía dos nosos autores e autoras históricos”, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a presentación do concerto.
Recoñecemento ao esforzo do alumnado e do profesorado
“Tanto desde o departamento de ensinanzas musicais como desde a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación queremos saudar e aplaudir o esforzo e a paixón que os rapaces e rapazas de toda Galicia están a poñer nos seus estudos e na práctica musical”, dixo, ao tempo que puxo en valor “o labor do profesorado nesta tarefa, tanto nos conservatorios de música como nas escolas municipais, nos proxectos formativos das orquestras galegas, e tamén desde a dirección das agrupacións corais”.
Durante os meses previos ao concerto, os rapaces e rapazas preparan co profesorado dos conservatorio o repertorio musical da xornada, o que lles ofrece a oportunidade de traballar as obras de grandes compositores de Galicia e de fóra, inspiradas nos versos de escritores galegos; nesta ocasión, todos eles vinculados a Mondoñedo.
Repertorio
Nesta quinta edición de ‘No bico un cantar’ interpretáronse seis pezas doutros tantos autores en versión para coro de nenos e sexteto de metais de Juan Durán para o Consello da Cultura Galega. Trátase dos poemas ‘No niño novo do vento’, de Álvaro Cunqueiro, e con música de Luis Emilio Batallán; ‘As froriñas dos toxos’, de Noriega Varlea, e musicado por Eduardo Toldrá; ‘O neno durmía’, de Xosé Díaz-Jácome, e música de Antonio Paz Valverde; ‘¡Non o sei!, de Manuel Leiras Pulpeiro e Nico Casal como compositor; e ‘Neniae’, de Aquilino Iglesia Alvariño e tamén musicado por Nico Casal.
Un acontecemento cultural
A Secretaría Xeral de Cultura vén promovendo, xunto co Consello da Cultura Galega, o programa ‘No bico un cantar’ co convencemento de que esta cita anual coa música e coa literatura é un acontecemento moi positivo para os nenos e nenas que a protagonizan, pero tamén para a vida cultural das localidades que a acollen.
As nenas e nenos que veñan do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, do Xan Viaño de Ferrol, do Xoán Montes de Lugo, do Conservatorio Profesional de Ourense, do Manuel Quiroga de Pontevedra, do Conservatorio de Santiago de Compostela, do Profesional de Vigo, da Escola Municipal de Música de Viveiro, de Ribadeo, de Mondoñedo e de Vilalba, da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela e do Coro de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia “van coñecer Mondoñedo e van achegarse dunha maneira moi especial á cultura e aos tesouros desta vila”, concluíu.
Traxectoria do programa
‘No bico un cantar’ púxose en marcha por primeira vez no ano 2013, en homenaxe a Rosalía de Castro cando se cumprían os 150 anos do seu nacemento, e tivo lugar en Santiago de Compostela. Desde entón, as seguintes edicións estiveron dedicadas a Manuel Curros Enríquez (celebrada en Celanova), a Ramón Cabanillas (que tivo lugar en Cambados) e aos trobadores da lírica medieval galego-portuguesa (en Cangas).























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



