Ribadeo, 5 de xuño de 2017. As bandeiras do Concello ondean a media asta nesta xornada na honra de Pili Real Cangas. A que fora primeira muller concelleira en Ribadeo nas eleccións de 1979 faleceu onte, 4 de xuño, na Coruña aos 76 anos e foi soterrada hoxe no cemiterio municipal de Ribadeo.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo sinalan: “queremos darlle as nosas condolencias á familia e amizades de Pilar Real Cangas ante a nova do seu falecemento. Queremos lembrar a esta muller que foi a primeira concelleira da Corporación democrática de Ribadeo xurdida das primeiras eleccións municipais no ano 1979. O 27 de novembro de 1980 foi nomeada concelleira en substitución de José García Salgado, o seu compañeiro da Candidatura Progresista Independiente (CPI)”.
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “esta muller accede a ese mundo masculinizado da política nuns tempos de enormes cambios e nos que a muller aínda era considerada como persoa non cualificada para acceder a determinados postos decisivos. Debemos polo tanto lembrar a súa figura polo que supuxo para o Concello de Ribadeo e en xeral para a loita pola igualdade real das mulleres”.
E engadiu que “aínda hoxe en día, pese a contar con mecanismos legais correctores para asegurar a presenza feminina en todos as institucións políticas, o número de mulleres presentes nas mesmas é inferior ao dos homes. Na administración local na maior parte dos plenos a porcentaxe feminina nin tan sequera alcanza o desexable 40% do total, cifra que nos colectivos en prol dunha maior participación da muller na política activa se considera relativamente próxima á igualdade, malia que non se acepte máis que como un mínimo a partir do cal seguir avanzando cara a plena equidade”.
Álvarez Lastra lembrou que “no Concello de Ribadeo na actualidade contamos con 9 mulleres, polo tanto a representación feminina nestes momentos se encontra equiparada á masculina”.























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



