Lugo, 16 de xuño de 2017. O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, á Xefa Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, Begoña Seco Varela, ao Presidente da Sociedade Asturiana de Cardioloxía, Leonardo Gómez Esmorís e ao Presidente da Sociedade Galega de Cardioloxía, Carlos González Juanatey, participou este venres na apertura do Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía. O encontro, no que participan máis de 170 especialistas da cardioloxía de Galicia e de Asturias, tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
Martínez Núñez destacou que “é un privilexio acoller na Deputación aos máis importantes profesionais da cardioloxía para abordar temas sanitarios que preocupan a toda a sociedade. As enfermidades do sistema circulatorio representan a primeira causa de morte en Asturias e Galicia. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, estas patoloxías ocasionan máis de 9.500 mortes anuais na comunidade galega”. Neste senso, apuntou a necesidade de “mellorar os servizos sanitarios da provincia de Lugo para, canto menos, equiparalo ao resto dos galegos”.
No congreso, organizado polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, participan máis de 170 profesionais: cardiólogos, cirurxiáns cardíacos, médicos de Atención Primaria e enfermeiros de Galicia e de Asturias, coma o Profesor Valentín Fuster, Director do Centro Nacional De Investigacións Cardiovasculares.
Programación
Os especialistas en cardioloxía participan nunha mesa redonda para poñer en común os seus coñecementos en diversos temas. Entre outros, abordarán o risco cardiovascular, a insuficiencia cardíaca, os avances sobre a revascularización coronaria ou a calidade asistencial. O Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía tamén sacará as súas actividades á rúa. En colaboración coa Fundación Española do Corazón, mañá sábado na Praza de San Marcos de 11.00 a 13.00 horas, vanse realizar diferentes actividades para promover hábitos de vida cardiosaudables.
O domingo, 18 de xuño, terá lugar a marcha cardiosaudable “Corazón sano, corazón en forma” que parte da Praza Maior de Lugo ás 12.00 horas.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



