Lugo, 28 de xuño de 2017. O Goberno da Deputación ofrece a través da Rede Museística Provincial de Lugo unha programación de visitas guiadas ao Museo Provincial de Lugo e ao Museo do Mar, en San Cibrao, para todas as idades e totalmente gratuítas, durante a celebración do MMXVII Arde Lucus, dende o 29 de xuño ao 2 de xullo. Trátase da iniciativa do Executivo Provincial para dar a coñecer e promocionar as obras e obxectos da cultura castrexo-romana, como por exemplo as coleccións das salas de Ourivería Prerromana e Romana e a sala dos Mosaicos Romanos.
Cada visita ten un máximo de 15 prazas e unha duración de vinte minutos. As persoas interesadas en participar no Museo Provincial de Lugo poden inscribirse no 982 24 23 00 ou presentarse 5 minutos antes da hora de inicio na recepción do museo. Para as do Museo do Mar no 982 59 45 72.
Programación de visitas
Museo Provincial de Lugo
– O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aras, estelas, relevos e placas funerarias. Ritos mortuorios en Lucus Augusti.
– O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Divindades, indíxenas e romanas en Lucus Augusti.
– O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Roma pagaba e negociaba con ases, denarios… e outras moedas.
– O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Paulo Fabio Máximo. Legat Caesaris. A fundación de Lucus Augusti.
Museo do Mar
O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Os cazadores de baleas.
– O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.
– O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.
– O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



