Nunca soubemos porqué, sendo o patrón de Foz Santiago se celebran, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen resultar insólito, é chamativo, pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo. Temos escoitado algunhas teorías que pretenden explicar as razón polas que se da a aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que confirmase algunha. Así, dise que en tempos en que a agricultura tiña un importante peso na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas sen agobios, unha vez rematadas as faenas do campo, sinaladamente as segas e as mallas.
Outra versión, no mesmo senso, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bocarte e do bonito. E unha terceira, se non mais veraz, sí mais atractiva, refírese á hipotética existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando no monte; o día 24 de xulio celebrábase unha feira na Espiñeira á que levaban a vender as súas reses, o que dalgún xeito interfería no desenvolvemento da festa. Posiblemente non sexan éstas mais que elucubracións carentes de fundamento pero, para a a pregunta que nalgún intre tódolos focegos e moitos foráneos nos fixemos: se Santiago é o noso Patrón, ¿porqué no seu lugar celebramos o San Lourenzo?: Nós non temos resposta.
Un ben querido amigo,amante de megullarse nas mais agochadas páxinas da historia local, contounos que , ó respecto,só atopara,no libro de fábrica da igrexa parroquial, un par de referencias que orientan sobre as datas de celebración de ambas advocacións, pero non das razóns do cambeo de titular. Por anotacións no devandito libro sábese que no ano 1634 pagouse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois (1667), por facelo ns de San Lourenzo que ,dende entón, celebrouse sempre ésta.
Cantos vellos documentos levan chegado ás nosas mans, nomean ó noso pobo como Santiago de Foz… Curioso,¿verdade?



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



