Ribadeo, 27 de xullo de 2017. Mañá, venres, terá lugar a inauguración da exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, que organizan ABanca, AFundación e o Concello ribadense. Será no forte San Damián a partir das 19 horas.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, sinalou que “o vindeiro venres, 28 de xullo, inaugúrase a exposición Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. E subliñou que “esta mostra é un dos eventos culturais máis importantes do Concello de Ribadeo para este verán e forma parte da obra social de ABanca a través de AFundación”.
O edil nacionalista explicou que “o acto terá lugar ás 19.00 horas no forte San Damián e, logo dunha breve actuación da cantautora local Carmen Rodríguez procederase á inauguración oficial a cargo de representantes de ABanca e do equipo de goberno de Ribadeo. Tamén se aproveitará a ocasión para realizar unha visita guiada”.
Graña engadiu que “esta mostra fotográfica é unha testemuña documental da Galicia dos anos 20 e nela poderemos contemplar polo menos unhas 8 fotos de Ribadeo”.
A exposición estará aberta ata o 26 de agosto e o seu horario será de martes a domingo, desde as 11.30 ás 13.30 horas e desde as 18.30 ás 20.30 horas. O concelleiro de Cultura anima á xente acudir a visitar esta exposición de fotos: “un ano máis un paseo ata o faro da Illa Pancha e antes ou despois ao rematalo podemos facer unha parada no forte de San Damián para ver esta exposición”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



