Lugo, 27 de xullo de 2017. A Xunta de Galicia oponse á equiparación salarial dos parques provinciais de bombeiros de Lugo, que defende o Goberno da Deputación. Así o informou o Presidente, Darío Campos Conde, este xoves na rolda de prensa posterior ao encontro que o titular provincial lucense, xunto ao Presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso; e ao Deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López; mantiveron co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, para estudar a situación dos parques provinciais de bombeiros galegos; así como o cambio do modelo de xestión cara o público, tal e como avogan os 3 organismos provinciais.
Campos Conde trasladoulle ao Vicepresidente a necesidade de igualar os soldos dos profesionais que prestan o servizo contra incendios na provincia de Lugo, aos de Ourense pois “é de xustiza que polo mesmo traballo e as mesmas responsabilidades, mesmo soldo”. É importante subliñar que estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo; uns 18.000 euros ao ano.
O Presidente destacou que Rueda rexeitou completamente a posibilidade de achegar os 330.000 euros que lle corresponde á Xunta de Galicia por participar ao 50% no Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, e que o Goberno da Deputación xa ten comprometidos no orzamento 2017. Campos Conde destacou que “queremos que o Partido Popular se aclare, pois en Lugo defenden unha cousa pero en Santiago votan o contrario. É o dobre xogo ao que nos teñen acostumados. O PP de Lugo asumiu compromisos cos bombeiros, sabendo que os seus compañeiros na Xunta non ían cumprilos”.
“Que se deixen de confundir e enganar á xente, facendo ver que defenden esta equiparación salarial na Deputación de Lugo, cando é a administración que si cumpriu cos bombeiros; e que defendan o mesmo ante a Xunta de Galicia, na que goberna o PP, que continúa a bloquear esta xusta equiparación salarial, que si fixeron na provincia de Ourense pero non na de Lugo”.
Modelo de xestión
No que ao cambio de modelo de xestión se refire, as 3 administracións provinciais son as que levan traballado durante máis dun ano na elaboración de senllos informes técnicos e xurídicos que garantan a viabilidade do modelo público, tal e como reclama o Goberno Galego. O titular provincial avanzou que a de Lugo, conta xa con ambos informes nos que se apunta a viabilidade do cambio tanto a nivel técnico-xurídico; como a económico podendo ser, incluso, máis barato.
Rueda Valenzuela emprazou unha vez máis ás Deputacións interesadas a que aproben un acordo no que se comprometan, entre outros, a asumir na súa totalidade o hipotético incremento no custe do servizo, pero que de haber baixada, deberá repercutir na achega que lle corresponde á Xunta de Galicia; ou a asumir os posibles gastos derivados das reclamacións laborais dos profesionais dos parques de bombeiros galegos.
Os representantes das 3 administracións provinciais que participaron neste encontro, apuntaron que trasladarán dito acordo aos técnicos das respectivas administracións para valorar xuridicamente a proposta do Goberno Galego.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).