Xove, a 27 de xullo de 2017.Hoxe, no Salón de Plenos do Concello, e coa participación do alcalde Demetrio Salgueiro e os organizadores do evento, Hector Núñez e David Naya, tivo lugar a presentación da II edición do SUMMER TECH FESTIVAL, que se vai desenvolver o vindeiro SÁBADO, 5 DE AGOSTO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE XOVE.
O Festival está adicado principalmente á MÚSICA TECHNO, dentro da cal temos numerosas variantes coma o techno-house, house, deep,…
O Programa desta edición ten como cabeza de cartel dous grandes artistas internacional: UNER e DOSEM. Tanto Uner coma Dosem son habituais de festivais europeos coma os de Ibiza ou Tomorroland. Ademáis cóntase coa participación dalgúns dos máis importantes artistas techno españois como HÉCTOR LLAMAZARES, KANIKE e BRAIS LLANO.
O Festival vai comezar ás 22:30 horas, polo que as portas do mesmo vanse abrir ás 22:00 horas, co fin de ter un amplo espazo temporal para entrada dos espectadores e evitar aglomareracións.
O prezo das entradas, o mesmo co pasado ano, vai ser moi popular, dado o caxé dos artistas participantes. A entrada, o mesmo día do Festival, vai costar 15 €uros, iso sí, é unha entrada con consumición incluída.
As entradas anticipadas van ser ser a 10 Euros más gastos de xestión se a adquisición se realiza por Internet, tamén con consumición incluída. A adquisición das mesmas pódese realizar en:
-WWW.TICKETEA.ES…. 10 €uros + gastos de xestión.
-CABALIÑO DO MAR de Xove. 10 €uros.
-TELVI´S PLACE de San Ciprián. 10 €uros.
– Pub Luxuria de Foz. 10€uros






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).